4/3/11

Máis novidades DVD Cine na Biblioteca Rialeda

Segue imparable a entrada de novas películas na nosa colección (1397 títulos nestes intres ...):

- Avatar, de James Cameron
- Capitanes de Abril, de María de Medeiros
- La casa del lago, de Alejandro Agresti
- La edad de la inocencia, de Martin Scorsese
- Érase una vez en los Midlands, de Shane Meadows
- Moon, de Duncan Jones
- Los lobos de Washington, de Mariano Barroso
- Pingpong, de Matthias Luthardt
- Seda, de François Girard
- Sunshine, de István Szabó
- Un tipo serio, de Joel e Ethan Coen
- El último show, de Robert Altman

... e outros títulos que podes atopar no 2ª andar da Biblioteca Central Rialeda.

Recomendacións en Radioleiros

Logo de Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 4 de marzo:
- Xuvenil:
"La evolución de Calpurnia Tate" de Jacqueline Kelly en Roca Editorial.

Calpurnia Tate é unha nena de 11 anos que vive nunha localidade deCuberta do libro La evolución de Calpurnia Tate Texas a finais do século XIX. Gústalle observar a natureza e faise preguntas sobre todo aquilo que non comprende. Acompañada de seu avó, realizará pequenos experimentos científicos. O problema é que súa nai está preocupada con estas afeccións, xa que, pola contra, non lle gusta cociñar, nin bordar, nin calcetar. Esta obra reflexiona sobre o papel da muller na sociedade, pero tamén fala de Darwin e outros científicos, da súa obra El origen de las especies e a polémica que causa, da sensación que provoca nesta pequena vila a chegada do primeiro teléfono, ou do asombro co primeiro automóbil. Estamos nunha época de cambios e avances que mellorarán a vida das persoas, pero moitas veces o máis difícil de cambiar son as mentalidades. Un libro moi interesante, axeitado para todas as idades, que recomendamos para adolescentes a partir de 12 anos, pero que tamén lles vai gustar aos adultos.

- Mozos-as e adultos-as:
"La cena" de Herman Koch editado por Salamandra.

Presenta dúas familias, por un lado Paul e Claire, xunto co seu fillo Michel, de 15 anos. PolCuberta do libro La cenao outro, Serge, irmán maior de Paul, político e candidato á presidencia do país, a súa muller Babette e os seus fillos Rick (fillo biolóxico) e Beau ( adoptado).
As dúas parellas quedaron para cear nun luxoso restaurante da cidade e, nese período de tempo, Paul irá narrando todos os acontecementos.
O tema central da novela é o que van tratar nesta cea, uns feitos graves que realizaron os seus fillos.
Segundo imos lendo xórdennos multitude de preguntas, como reaccionarían uns pais ao ter coñecemento de que seu fillo ou filla realizou un acto grave?
Deberíase tratar de ocultalo ou facerlle fronte con todo o que isto ocasione?
Estamos ante unha obra polémica, que provoca diferentes opinións e non deixa a ninguén indiferente.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/3/11

Fai unha careta na túa biblioteca: O Entroido nas bibliotecas de Oleiros

Aínda non tes máscara para este Entroido? Pois pasa por algunha destas bibliotecas e confecciona a túa propia careta ou anteface. Iso si, non esquezas vir cargado/a de bo humor e de moita, moita imaxinación!

- Mércores, 2 de marzo, ás 18 h. - Biblioteca de Montrove
- Xoves, 3 de marzo, ás 16 h. - Biblioteca de Nós
- Venres, 4 de marzo, ás 16 h. - Biblioteca de Lorbé
- Luns, 7 de marzo, ás 16 h. - Biblioteca de Mera
- Mércores, 9 de marzo, ás 16 h. - Biblioteca de Santa Cruz

Na Biblioteca de Dorneda o tempo de Entroido alóngase dende o 3 ata o 7 de marzo, a partires das 16 h.

Na Biblioteca de Lorbé, ademáis da actividade de confección de máscaras, poderás participar nas "Sobremesas para as tardes en familia no Entroido" xunto cos/coas adultos/as, nais e pais que se animen a colaborar cos seus fillos e fillas, onde se seleccionarán receitas de cociña ou sobremesas típicas desta época do ano nas que poidan participar os nenos e nenas. Actividade adicada á toda a familia, desde o venres 4 ao mércores 9 de marzo.


Estas actividades recoméndanse para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos.

Las Ingeniosas del Hidalgo: El Quijote en voces de mujeres

Lugar: Biblioteca Central Rialeda (sala de audiovisuais, 2º andar)
Data: 3 de marzo
Horario: 10,40

Representación teatral en monólogo a cargo da actriz e contadora de contos uruguaia Soledad Felloza, que narrará diversos capítulos de “El Quijote” nos que as mulleres teñen un certo protagonismo:

- Quiteria, que en plena boda con Camacho o rico, recorda o seu amor a Basilio, o pobre.
- A pastora Marcela, na que destaca o seu discurso co que finalizaba as charlas cos seus enamorados.
- Claudia Jerónima Cervantes, na que está personalizada a liberdade da muller, con límites tan amplios nos que cabe un erro tan grave como a morte.

Actividade dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO do IES Neira Vilas.

NOTA: durante a actuación os ordenadores da citada sala estarán fora de servizo.

28/2/11

Tertulia Literaria en Rialeda: 2 de marzo (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "O club da calceta" de María Reimóndez.

Documentación sobre a obra.
Obras de María Reimóndez nas nosas bibliotecas.

Hora do conto: 28 de febreiro ao 4 de marzo

Imaxe do cartel de A Hora do contoAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 28 de febreiro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “O libro dos medos do rato pequeno", "Duerme bien pequeño oso", "Bombástica naturalis"

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 1 de marzo
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: "O embigo do mundo", "A sopa de pedra”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 2 de marzo
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “O libro dos medos do rato pequeno", "Duerme bien pequeño oso", "Bombástica naturalis"

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 3 de marzo
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Inés Cuadrado
TÍTULOS: “Meu amigo o globo”, “A moeda máxica”, “Historia sen palabras”

Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Mintes”, "A princesa do bosque enfeitizado"

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 4 de marzo
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Pelle o cociñeiro", "O sastriño e os tres cans"

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 4 de marzo
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “As voces da lagoa", "A ra que quería ser princesa"

25/2/11

Recomendacións en Radioleiros

Logo Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 25 de febreiro:

-Infantil:Cuberta do libro Bailar nas nubes

"Bailar nas nubes", de Vanina Starkoff
Editado por Kalandraka
Unha nena fala dos seus veciños e da convivencia con eles. Libro fundamentalmente de ilustracións que fomenta a interrelación persoal.

-Mozos-as e adultos-as:

"La mujer que buceó dentro del corazón del mundo", de Sabina Berman Cuberta do libro La mujer que buceó dentro del corazón del mundo Editado por Destino
Escrito por unha mexicana amante do mar, narra a historia de Karen Nieto, auténtico xenio nuns campos intelectuais e con problemas noutros, disposta a preservar a vida nos océanos desde o seu traballo nunha empresa de peixe.

Según Ana María Matute é "un relato inesquecíbel sobre a liberdade e a diferencia".

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Visita a Rialeda do alumnado do CEIP Isidro Parga Pondal: 25 de febreiro

Lugar: Biblioteca Central Rialeda
Hora: 10,15

O alumnado de 6º de Primaria A e B do CEIP Isidro Parga Pondal realizará unha visita á Biblioteca Central Rialeda onde se lles explicará o funcionamento da mesma, con especial atención ás buscas no catálogo e á información que proporciona o seu blog.

Rematará a visita cunha actuación de Ramiro Neira da Compañía Artestudio no 2ª andar da biblioteca.

23/2/11

Ler para saber A CIENCIA: 25 de febreiro

Imaxe do cartel de Lerpara saberEsperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 25 de febreiro ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Iago Ruibal Lago e Lucía Sigüeiro Couselo, do Colexio Público Valle-Inclán de Perillo, falarán sobre "Internet" previamente á charla “Elixe o peixe correcto: opcións de consumo responsable de peixe para aliviar a sobrepesca” a cargo do doutor Francisco Franco del Amo, biólogo e director técnico do Aquarium Finisterrae dos Museos Científicos Coruñeses.

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

21/2/11

Hora do conto: 22 ao 25 de febreiro

Imaxe do cartel de A Hora do contoAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 22 de febreiro
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “O regalo", "Un libro" (conto francés)

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 23 de febreiro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: "O oso que fixo de xuiz (conto italiano)", "A anciana que vivía nunha botella (conto británico)”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 23 de febreiro
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “Teatro infantil: fábulas e criaturas máxicas”

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 24 de febreiro
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “El erizo de mar”, “… Y ¿por qué?”, “¡Qué valiente!”
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: “Contos para a dor de moas”
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 25 de febreiro
CONTACONTOS: Avoa Ratiña da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “O teléfono da diferencia": "Xigante pouco a pouco", "Os de arriba e os de abaixo"


Tertulia Literaria en Rialeda: 26 de febreiro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30
Comentaráse a obra "León el Africano" de Amin Maalouf.
Documentación sobre a obra.

Obras de Amin Maalouf nas nosas bibliotecas.

Obradoiros de Ilustración con Manel Cráneo: 22 febreiro 2011

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)

O ilustrador Manel Cráneo impartirá un Taller de Iniciación á Banda Deseñada.
Díptico: anverso / reverso

2 sesións (9,30 e 11,45 h) dirixidas ao alumnado de 1º de ESO do I.E.S. Neira Vilas.

Cada obradoiro terá unha duración aproximada de 2 horas.
Aviso importante: durante as sesións queda fóra de servizo o 2º andar da biblioteca. Os usuarios/as que desexen utilizar o servizo de ordenadores teñen á súa disposición os da Sala Infantil e Xuvenil.

18/2/11

Tertulia Literaria en Santa Cruz: 21 de febreiro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: de 18,30 a 20 h.

Obras de Gonzalo Torrente Ballester nas nosas bibliotecas.

Recomendacións en Radioleiros

Logo Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 18 de febreiro:
- Infantil e xuvenil:

“Sopa de xarope de amora” de Xosé A. Neira Cruz, ilustracións de Marta Álvarez MiguénsCuberta do libro Sopa de xarope de amora, editado por Xerais e AGADIC. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2009.

Divertida obra de teatro que relata os traballos do doutor Amorodo, un científico ao servizo das casas reais que recibe encargos estrafalarios e está namorado de dona Chismunda.

- Mozos-as e adultos-as:

“Todo é silencio” de Manuel Rivas, en Xerais.
Fins, Leda e Brinco son tres rapaces amigos que viven en Brétema, unha vila da costa atlántica. Mariscal é un capo contrabandista que ascendeu rapidamente socialmente.
Narra o pro
Cuberta do libro Todo é silencioceso de conversión do contrabando de tabaco ao narcotráfico, acontecido en Galicia nas últimas décadas, como as mafias poden controlar unha gran parte da poboación: uns porque viven delas, outros porque están mercados con cartos ou agasallos e uns terceiros porque teñen medo e non se atreven a falar, saben que falando se xogan a vida. Son mafias que corrompen ás persoas, que acaban coa súa dignidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.