14/2/25

Actividades de promoción da lectura: 19 e 20 de febreiro 2025

Actividades de promoción da lectura: 19 e 20 de febreiro 2025
Programa de actividades educativas para o fomento da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 19 e 20 de febreiro:

Mércores 19 e xoves 20 de febreiro:
- 9:50 e 11:30 alumnado de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"A metáfora visual" con Miguel Cuba.

Entroido 2025 en Bibloleiros

Obradoiros de Libros pop-up Entroideiros con Xogando nas Nubes.
Dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos.

- Máximo de participantes en cada obradoiro: 23
- Duración: 120´
- Hora: 17:30 h.
- Aforo limitado: imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexes participar. Podes facelo en liña: www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete telefónicamente ou achegándote á biblioteca correspondente. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.





Obradoiros por orde de celebración e inscrición:

Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Mércores 19 de febreiro 

Aforo completo!!!
Tlf.: 981 664 257

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 20 de febreiro

Aforo completo!!!
Tlf.: 981 618 201

Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 21 de febreiro

Aforo completo!!!
Tlf.: 981 628 507

Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 24 de febreiro
(inscrición aberta desde o venres 14 de febreiro ás 16:15 h.)
Tlf.: 981 626 638

Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 25 de febreiro

(inscrición aberta desde o luns 17 de febreiro ás 16:15 h.)
Tlf.: 981 610 700

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 26 de febreiro
Aforo completo!!!
(inscrición aberta desde o luns 17 de febreiro ás 16:15 h.)
Tlf.: 981 626 338

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 27 de febreiro

Aforo completo!!!
Tlf.: 981 639 511

Aviso:
A persoa adulta responsable de cada unha das crianzas deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

12/2/25

Actividades de promoción da lectura: 11 a 13 de febreiro 2025

Actividades de promoción da lectura: 11 a 13 de febreiro 2025
Programa de actividades educativas para o fomento da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 11 a 13 de febreiro:

Martes 11 de febreiro:
- 10:30 e 12:00 alumnado de 1º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
Obradoiro "A poesía non morde" con Yolanda Castaño.
Mércores 12 de febreiro:
- 10:00 e 11:50 alumnado de 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
Obradoiro "A poesía non morde" con Yolanda Castaño.

Mércores 12 de febreiro:
- 10:00 e 12:00 alumnado de 6º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
Visita á Biblioteca Central Rialeda e "Feirantes" con Ramiro Neira.
Xoves 13 de febreiro:
- 10:00 alumnado de 6º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
Visita á Biblioteca Central Rialeda e "Feirantes" con Ramiro Neira.

Xoves 13 de febreiro:
- 10:15 alumnado de 1º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Entre bechos anda o conto" con Galeatro.

10/2/25

Presentación de "En terra allea" de Pepe Carballude: 13 febreiro 2025

Teatro "As Torres". Santa Cruz.
Xoves 13 de febreiro ás 19 h.

Intervirán: o autor: Pepe Carballude; a profesora de Xeografía e Historia: Mª Concepción Castro Higelmo

"En terra allea" aborda o tema da migración e os dramas colaterais: explotación laboral, dificultades coa vivenda, problemas de convivencia, enganos, abusos…, mais tamén aparece xente boa que tenta poñerse na delicada situación do outro. As relacións humanas, as friccións e os consensos, a imposición e a tolerancia, as penas e os momentos felices, pesan moito no decorrer da trama, onde, ao final, triunfa o amor.

Un retrato real, traumático, dun feito que se pode ver acotío e unha chamada á solidariedade e á colaboración de todos.

Pepe Carballude é escritor, tradutor é licenciado en Filoloxía Clásica. Exerceu de profesor de latín no Instituto Neira Vilas. Aparte da súa traxectoria profesional na que destacan traducións de poetas latinos ou a obra A vida diaria dos romanos, ten un longo percorrido na literatura galega, con títulos como: O xílgaro pintor, Os gazafellos (Premio Barco de Vapor 1986), Mimos e máis mimos, Investigación 091, Andainas de Pedro Chosco, S.O.S, ¡Maldito DNI!, Paisaxe con fondo gris, Romaxe de desventuras, A fraga misteriosa, O deus desaparecido (Premio Barco de Vapor 1990), O talismán dos druídas, Miña avoa ten 13 anos, Xograres dun tempo novo, Andrea quere ser maior, De como o Santo dos Croques se fai peregrino (Premio Barco de Vapor 2002) e Marxinados, entre outros.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

9/2/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (10 a 12 febreiro 2025)


Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 10 de febreiro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Os seres queridos" de Berta Dávila.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Llévame a casa" de Jesús Carrasco.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 11 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "A nosa cinza" de Xabier Alcalá.
Modera: Pepe Taboada.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Cómo maté a mi padre" de Sara Jaramillo.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 12 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La nieta del señor Linh" de Philippe Claudel.

8/2/25

Hora do conto e actividades infantís: 10 a 14 de febreiro 2025

Hora do conto e actividades infantís: 10 a 14 de febreiro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través
de oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Luns 10 de febreiro, ás 18:30 
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “Leo e as cores”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Martes 11 de febreiro, ás 18:30 
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “A decisión de Inú”
CONTACONTOS: Raquel Crespo



Mércores 12 de febreiro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Debulendo lendas galegas”
CONTACONTOS: Tarabelos Teatro

Xoves 13 de febreiro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “Casa, casiña, casona”
CONTACONTOS: Marta Ortiz

Xoves 13 de febreiro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Os ratiños da caixa”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Venres 14 de febreiro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Conto do corpo”
CONTACONTOS: Charo Pita

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

7/2/25

Recomendacións en Radioleiros: 7 febreiro 2025

- Infantil (a partir de 6 anos):

O fabricante de sombreiros,
de Pinto & Chinto
Baía

Un relato imaxinativo e lúdico arredor do señor Martus, o mellor fabricante de sombreiros do mundo, cunhas magníficas ilustracións.

- Mocidade e persoas adultas:

El tren de Lenin, de Catherine Merridale
Crítica

Un episodio pouco coñecido, a entrada de Lenin en Rusia no 1917 da man dos alemáns, forma parte da revolución bolchevique e dos acontecementos posteriores que mudaron o mundo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/2/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (4 e 5 febreiro 2025)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 4 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Como maté a mi padre" de Sara Jaramillo.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Sostiene Pereira" de Antonio Tabucchi.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 5 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La nieta del señor Linh" de Philippe Claudel.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Los reyes de la casa" de Delphine de Vigan.

31/1/25

Recomendacións en Radioleiros: 31 xaneiro 2025

Recomendacións en Radioleiros: 31 xaneiro 2025
"Spy X family" de Tatsuya Endō- Infantil:
Spy X family de Tatsuya Endō. En Editorial Ivrea.
Spy X family é un manga, un cómic xaponés creado por Tatsuya Endō, que combina a acción, a cotiandade e o humor e que está recomendado para nenas-os a partir de 12 anos. Esta obra conta a historia da peculiar familia Forger, aparentemente unha familia normal e feliz, pero na que cada un dos seus membros agocha un segredo e unha identidade oculta. 

"¿Cuánta tierra necesita un hombre?" de Lev Tolstói- Mocidade e persoas adultas:
¿Cuánta tierra necesita un hombre? de Lev Tolstói. En Nórdica.
Dispoñible en eBiblio (noutra edición)

Este conto, dunha gran sinxeleza, é unha parábola sobre a inesgotable ambición do ser humano. Preséntanos a un campesiño que no seu afán por progresar, chega a un pacto cuns habitantes dunha afastada rexión, segundo o cal, el quedará con tanta terra como poida percorrer nun día, ata que o Sol se poña.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/1/25

Bernardino Graña (1932-2025), foise o poeta do mar e do amor

Bernardino Graña (1932-2025), foise o poeta do mar e do amor
Foise Bernardino Graña (1932-2025), o poeta do mar e do amor.
Expo bibliográfica adicada a Bernardino Graña na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Parafraseando un verso do escritor de Cangas, ¿Como habemos vivir mañá sen a luz túa?
Visita as exposicións bibliográficas (para público infantil e adulto) da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) adicadas ao poeta, narrador, dramaturgo e autor de obras dirixidas ás crianzas e á mocidade.
"Dinme que nacín
preto dun peirao,
na beira do mar
da Ría de Vigo:
Cangas do Morrazo,
pobo mariñeiro,
é o meu lugar.
Gustei de xogar,
e agorta o meu xogo
é xuntar historias
xuntando palabras
con algo de ritmo,
pois non son tan vello."
De si mesmo en "Oso mimoso"

Obras de Bernardino Graña en Bibloleiros
Dispoñibles en Galicia Le

Hora do conto e actividades infantís: 7 de febreiro 2025

Hora do conto e actividades infantís: 7 de febreiro 2025
- Aforo limitado: reserva a túa praza a través de oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización.

Venres 7 de febreiro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Pipo, o paxaro que non sabía voar”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

26/1/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (28 a 29 xaneiro 2025)


 Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 28 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "No te veré morir" de Antonio Muñoz Molina.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "A nosa cinza" de Xabier Alcalá.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 29 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Los reyes de la casa" de Delphine de Vigan.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz.

24/1/25

Recomendacións en Radioleiros: 24 xaneiro 2025

- Infantil (a partir de 10 anos):

Neko
, de Eva Mejuto.
Oqueleo.

Unha tenra historia para tratar, desde a ollada dunha nena, as consecuencias da violencia de xénero.

- Mocidade e persoas adultas:

Tras do ceo, de Manuel Rivas.
Xerais.

Versión dixital en Galiciale.

A novela  transcorre nun lugar chamado Tras do Ceo e comeza cunha batida na que o obxectivo é o Solitario, un lendario porco bravo a quen lle atribúen mortes e ataques a participantes noutras cazarías.

Na batida participa unha cuadrilla de cazadores urbanos con relacións de amizade e negocios. Entre eles está Dombodán, o mais novo e o único natural de Tras do Ceo, que nos irá narrando os feitos cunha ollada propia.


Novela negra radical que se vai endurecendo a medida que avanzamos na lectura e  que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/1/25

Expo bibliográfica "75 cabodano de Castelao" en Rialeda e Dorneda

Expo bibliográfica "75 cabodano de Castelao" en Rialeda
En 2025 conmemoramos o 75º aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das personalidades fundamentais da Galicia contemporánea. Xunto a numerosas institucións e entidades culturais e sociais, as bibliotecas municipais de Oleiros queren sumarse ás celebracións do seu legado artístico, político e social.
Expo bibliográfica "75 cabodano de Castelao" na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)O obxectivo do Ano Castelao 2025 é lembrar a memoria e a herdanza de quen foi un dos fundadores da Galicia contemporánea, a súa cultura e o seu marco político: é imposible pensar Galicia sen pensar a Castelao.

"Dono das chaves da expresión» como di Otero Pedrayo de Castelao en "O libro dos amigos", e como podemos ler no web da Fundación Castelao: humorista, pintor, escritor, político, Castelao é antes que nada un gran comunicador, un creador entregado á causa da liberdade do seu país.
Co impacto da súa obra forxou a conciencia colectiva da Galiza de hoxe e converteuse nun mito. 
Visita as expos bibliográficas adicadas a Castelao no seu 75 cabodano no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda).
Libros de Castelao dispoñibles en Galicia Le

19/1/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (20 a 22 xaneiro 2025)

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 20 de xaneiro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Ancho mar de los Sargazos" de Jean Rhys.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Historia de los vertebrados" de Mar García Puig.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 21 de xaneiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 21 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Canciones de amor a quemarropa" de Nickolas Butler.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Cómo maté a mi padre" de Sara Jaramillo.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 22 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La nieta del señor Linh" de Philippe Claudel.