10/3/23

Recomendacións en Radioleiros: 10 marzo 2023

- Infantil (a partir de 6 anos):

Topito Terremoto, de Anna Llenas
Beascoa

Versión dixital en eBiblio

Como o seu nome indica, trátase dunha toupiña que non é quen de permanecer quieta, nin na casa, nin na escola, nin en ningures. Tanto é así que cada vez lle resulta máis difícil atopar alguén con quen xogar xa que os seus compañeiros e compañeiras escapan dela. Na casa, os seus pais tampouco saben como actuar. Así que deciden levala xunto á Maga do Bosque, especialista en terapias creativas para nenos e nenas difíciles. Anna Llenas intenta transmitir a mensaxe de que se cada quen atopa o que lle gusta e motiva e ten un entorno adecuado, poderá acadar as súas metas. 

- Mozas/os e adultas/os:

Las horas subterráneas, de Delphine de Vigan
Anagrama

Audiolibro en eBiblio

O tema que trata é un lapso de tempo na vida de dúas persoas aparentemente moi distintas pero que comparten o mesmo sentimento de illamento social. Por un lado, Mathilde, viúva con 3 fillos, unha valorada e respetada directora de márketing dunha empresa que sen saber o motivo, empeza a sufrir acoso laboral e a ser absolutamente ninguneada por todo o departamento, pero sobre todo polo seu xefe inmediato.Por outro lado, Thibault, un médico de urxencias a domicilio que pasa o día soportando o caos da enorme cidade de Paris. Dúas vidas que Vigan nos narra cun estilo fluído, sen caer en sensiblería.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

6/3/23

Conmemoración do Día da Muller: A favor da igualdade nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

Conmemoración do Día da Muller: A favor da igualdade nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

Conmemoración do Día da Muller: A favor da igualdade nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
En todas as bibliotecas municipais realizaranse exposicións de fondos bibliográficos (libros, DVD, CD) relacionados coa muller:
-Sobre feminismo, seleccionando libros para abordar a temática da igualdade de xénero.
-Sobre mulleres que destacaron como científicas, escritoras, no mundo da arte, na música, no cine, no deporte, na política e noutras temáticas.
-Obras literarias, tanto para público infantil-xuvenil como para adultos/as, escritas por mulleres.
En cada biblioteca haberá unha exposición distinta.
ACTIVIDADES PARA PÚBLICO INFANTIL
A HORA DO CONTO
Todas as sesións serán ás 18:30 h.
7  de marzo: A BIBLIOTECA QUE VIAXABA POLO TEMPO a cargo de Olga Abad na Biblioteca Manuel María (Oleiros). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
8 de marzo: A VIAXE DE MARUXIÑA a cargo de Olga Abad na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
9 de marzo: PRINCESOS E PRINCIPETAS a cargo de Raquel Galavís na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
9 de marzo: BRAVAS a cargo de Ramiro Neira en Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
10 de marzo: A RODA DAS TRES DONAS a cargo de Charo Pita na Biblioteca Mª José Trincado (Mera). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
10 de marzo: O NENO QUE NON QUERÍA SER AZUL E A NENA QUE NON QUERÍA SER ROSA a cargo de Proyecto Bululú en Biblioteca Ánxel Fole (Nós). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
13 de marzo: ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS a cargo de Iván Davila na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda). Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
ACTIVIDADES PLÁSTICAS E MANUAIS
Desde o día 6 ao 10 de marzo, na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) realizaranse diversas actividades plásticas e manuais para nenas e nenos a través de recortables de imaxes e resumos das biografías de varias mulleres que destacaron ao longo da historia.
Desde o día 6 ao 10 de marzo, na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) realizaranse diversas actividades plásticas e manuais para nenas e nenos, baixo o título: Mulleres: Imaxes de mulleres ilustres cunha pequena descrición biográfica.
ACTIVIDADES PARA MOCIDADE E PÚBLICO ADULTO
Actuación musical: GIRLS JUST WANNA HAVE FUN a cargo do dúo Lesuiteband, formado por Marian Ledesma (voz) e Sofía Canedo (piano/coros)
No Teatro As Torres (Santa Cruz), martes 14 de marzo, ás 20:00 h.
Neste concerto presentaran un repertorio de diferentes artistas importantes na historia da música pop, especialmente pensado na muller como protagonista, como:  Cyndi Lauper, Donna Summer, Bonnie Tyler, Gloria Gaynor, Kim Carnes, Patti Smith, Tina Turner, Sinéad O'Connor,  Alanis Morissette, Amy Winehouse ou Christina Aguilera, todas elas grandes figuras da música.
Algunhas das cancións que interpretarán son: Girls just want to have fun que alcanzou fama como himno feminista, Bad girls, Hot stuff, It's a heartache, I will survive, Bette David eyes, Because the night, What you get is what you see, Nothing compares to you, Ironic, Back to black , Beautiful,  etc.
CLUBS DE LECTURA
Están lendo as seguintes obras:
Bibioteca Central Rialeda. Perillo
GRUPO A: El cuento de la criada de Margaret Atwood
GRUPO B: Espejo roto de Mercé Rodoreda

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
GRUPO A: Americanah de Chimamanda Ngozi Adichie
GRUPO B: La isla de las mujeres del mar de Lisa See  

Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera
Infamia de Ledicia Costas


Tertulia literaria en Rialeda: mércores 8 marzo 2023 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h. (2º andar)

Comentario de "El cuento de la criada" de Margaret Atwood
Documentación

Seguinte lectura: "Arenas movedizas" de Nella Larsen

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 7 marzo 2023 (Grupo B)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro"

17:30 a 19 h.

Comentario de "La isla de las mujeres del mar" de Lisa See
Documentación

Seguinte lectura: "Hamnet" de Maggie O'Farrell

3/3/23

Hora do conto: de 7 a 10 de marzo de 2023

Hora do conto: de 7 a 10 de marzo de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 7 de marzo, ás 18:30  Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
TÍTULO: “A biblioteca que viaxaba polo tempo”
CONTACONTOS: Olga Abad

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 8 de marzo, ás 18:30  Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
TÍTULO: “A viaxe de Maruxiña”
CONTACONTOS: Olga Abad

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 9 de marzo, ás 18:30 Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
TÍTULO: “Princesos e Principetas”
CONTACONTOS: Raquel Galavís

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 9 de marzo, ás 18:30  Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
TÍTULO: “Bravas”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 10 de marzo, ás 18:30  Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “A roda das tres donas”
CONTACONTOS: Charo Pita

Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 10 de marzo, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
TÍTULO: “O neno que non quería ser azul e a nena que non quería ser rosa”
CONTACONTOS: Proyecto Bululú 

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.


Recomendacións en Radioleiros: 3 marzo 2023

Cuberta de "Catro plumas de dinosauro" de Rosa Aneiros. Ilustrado por Xulia Pisón
Recomendacións en Radioleiros: 3 marzo 2023- Infantil (nenas-os de 8 a 10 anos): 
"Catro plumas de dinosauro" de Rosa Aneiros. Ilustrado por Xulia Pisón. En Xerais.
Dispoñible en Galicia Le
Xoel, un apaixonado dos dinosauros, vivirá unha auténtica aventura durante unha visita ás Fragas do Eume.  
 
Cuberta de "Diarios y cuadernos: 1941-1995" de Patricia Highsmith- Mozas-os e adultas-os: 
"Diarios y cuadernos: 1941-1995" de Patricia Highsmith. Editado en Anagrama.
Dispoñible en eBiblio
Pouco dada a conceder entrevistas, os diarios e cadernos atopados despois do seu falecemento ábrennos novos camiños para saber os pensamentos, vivencias e proxectos dunha das mellores escritoras do século XX. Desde os anos corenta na cidade de Nova Iorque, pasando por Texas até as últimas décadas en diversos lugares de Europa, esta obra amósanos unha autora sempre ao límite no plano vital e creativo.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


Actividades de promoción da lectura: 6 a 10 de marzo 2023

Actividades de promoción da lectura: 6 a 10 de marzo 2023

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 6 a 10 de marzo:
 
Luns 6 de marzo: 
- 10:30 alumnas-os de 1º de EP e 12:15 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós) .
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz. 
Martes 7 de marzo: 
- 10:30 e 12:15 alumnas-os de 4º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz. 
Xoves 9 de marzo: 
- 10:15 alumnas-os de 3º e ás 11:45 alumnas-os de 4º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Brinca vai: de aquí a acolá" con Paco Nogueiras. 
Venres 10 de marzo: 
- 10:15 alumnas-os de 1º e 11:30 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"A vella da botella" con Lía Magalia.
 
Xoves 9 de marzo: 
- 10:20 e 11:50: alumnas-os de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Espectáculo poético" con Yolanda Castaño.

 

1/3/23

Case que 3000 alumnos-as dos centros de ensino de Oleiros participarán nas actividades de fomento da lectura nas Bibliotecas Municipais

Un curso máis as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organizan a Programación de actividades de fomento da lectura dirixidas ao alumnado dos centros de ensino deste Concello, co obxectivo de fomentar a lectura, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos seus respectivos centros de ensino.
Levaranse a cabo na Biblioteca Central Rialeda (perillo), na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz), no Teatro As Torres e na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros). 
 
Comezarase o 1 de marzo e realizaranse ata finais de maio. Serán 148 sesións e nelas participarán cerca de 3000 alumnas-os de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato, acompañados do seu profesorado.
No dossier presentado aos centros de ensino figuran 35 actividades diferentes, das que o profesorado de cada un dos centros de Oleiros seleccionou un total de 19, que son as que mellor se adaptan á súa programación escolar. En función da idade, do curso que estean realizando e da escolla de cada profesor ou profesora, o alumnado poderá visitar a Biblioteca Central Rialeda, recrearse con contacontos e a narración de historias, achegarse á mitoloxía e coñecer algo da construción da Torre de Hércules, divertirse con espectáculos musicais, gozar con pezas de teatro, deleitarse coa poesía, coñecer a produción literaria de autores-as como Rosalía de Castro, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Álvaro Cunqueiro, Julio Cortázar, Yolanda Castaño e Francisco Fernández del Riego, que é o escritor homenaxeado este ano con motivo do Día das Letras Galegas, etc.
 
Algunhas das actividades que se levarán a cabo son:
Contacontos como As aventuras de Mariña con Galeatro; A vella da botella con Lía Magalia; Avó e Contos no ar con Ramiro Neira; Pipo, o paxaro que non sabía voar con Trémola Teatro; Aprendendo a querer e Asociación de animais solidarios con Trinke Trinke.
Concertos como Contando números, cantando cores con Pablo Díaz; Brinca vai: de aquí a acolá con Paco Nogueiras e Pequena Ramona con Pakolas.  
Espectáculos poéticos coa escritora Yolanda Castaño.
Coñecer a vida e a obra da insigne autora Rosalía de Castro con A miña historia a cargo de Trémola Teatro.
Coñecer a obra de escritores-as como Álvaro Cunqueiro con Feirantes; de Fina Casalderrey e de Agustín Fernández Paz con Contos de aquí, ambas a cargo de Ramiro Neira.
Saber quen foi Ánxel Casal con Contos nosos a cargo de Ramiro Neira.
Coñecer o proceso creativo con Ilustrando en verso a cargo de Enrique López.
Descubrir un abano de obras pictóricas de todo o mundo con Aproximación á ilustración a cargo do ilustrador Óscar Villán.
Aproximarse á nova mitoloxía con Superheroes ou viaxar a través das viñetas en Viaxe en viñetas co ilustrador Miguel Cuba.
Achegarse á microficción con O bo, si breve... ou relacionar o humor e a linguaxe con Pártome e móndome... a cargo da poeta Isabel Andrés.
Aprender sobre a Torre de Hércules con Hércules e o xigante a cargo do arquitecto Enrique López.
Achegamento á vida e á obra de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado este ano con motivo do Día das Letras Galegas con Unha viaxe vivida a cargo de Ramiro Neira.
 
Con todos estes actos pretendemos favorecer o acceso ao libro en condicións de igualdade para todos os cidadáns; promover a lectura; participar en procesos de creación e expresión oral e escrita; fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva e colaborar no proceso de desenvolver a imaxinación e a creatividade. Desde as bibliotecas municipais de Oleiros traballamos para conseguir novos e mellores lectores e lectoras que contribúan a crear unha sociedade máis culta, libre e solidaria.

Actividades de promoción da lectura: 1 a 3 de marzo 2023

Actividades de promoción da lectura: 1 a 3 de marzo 2023
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 1 a 3 de marzo:
 
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Venres 3 de marzo:
- 10:15: alumnas-os de 3º e 4º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Brinca vai: de aquí a acolá" con Paco Nogueiras.
 
Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 1 de marzo:
- 10:15: alumnas-os de 3º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Brinca vai: de aquí a acolá" con Paco Nogueiras.
Xoves 2 de marzo:
- 10:20: alumnas-os de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Espectáculo poético" con Yolanda Castaño.
 
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Mércores 1 de marzo:
- 10:15: alumnas-os de 4º de EI e 11:30: alumnas-os de 5º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Xoves 2 de marzo:
- 10:15 e 11:30: alumnas-os de 6º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Venres 3 de marzo:
- 10:15 e 11:30: alumnas-os de 3º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
 

24/2/23

Hora do conto: de 27 de febreiro a 2 de marzo de 2023

Hora do conto: de 27 de febreiro a 2 de marzo de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 27 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
TÍTULO: “Unha praia particular”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 1 de marzo, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Contos da granxa”
CONTACONTOS: Lía Magalia

  

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 2 de marzo, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Chimpo de ra"
CONTACONTOS: Raquel Queizás

AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 24 febreiro 2023

- Infantil (a partir de 6 anos):

Nós estamos aquí: apuntamentos para vivirmos no Planeta Terra, de Oliver Jeffers
Patasdepeixe

Oliver Jeffers escribe este libro para o seu fillo Harland, durante os seus dous primeiros meses de vida, para axudarlle a entender algo mellor o mundo ao que acaba de chegar.
Emotivo e cativador álbum ilustrado cunha mensaxe de amor e de respecto polo Planeta Terra e polas persoas e demais seres vivos que habitamos nel.


- Mozas/os e adultas/os:

A culpa, de María Solar
Xerais

Versión dixital en Galiciale

A señora Gondar é unha anciá con aspecto miserable que emana un fedor insoportable. Posúe unha gran fortuna e cada seis meses, coma un cravo, visita unha pequena sucursal bancaria para controlar ata o mínimo detalle das súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda convértese inesperadamente na súa única herdeira.

Absorbente e fascinante relato, con tintes de  novela negra e thriller, no que hai unha herdanza e unha culpa que forma parte do legado.
XXXIX Premio Xerais de Novela

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/2/23

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

23 de febreiro: Día de Rosalía de CastroRosalía ensínanos a mirar e a escoitar...
...Se só cantamos as pombas e as flores, as luces de cores dos nosos autorretratos dixitais, de que teremos a alma? do manifesto Cumpríuse a xustiza de Carme Adán para a AELG.
 
O 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento. Rosalía de Castro é un símbolo para o pobo galego, unha das grandes poetas da literatura galega e española do século XIX e unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego. Un ano máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros xuntámonos á iniciativa que promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  e celebramos o aniversario do nacemento da autora. A  AELG propón á cidadanía desde 2010 que agasalle un libro en galego e unha flor. O lema escollido para este 2023 foi #cumpriuseaxustiza.
 
En 2023 Carme Adán foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, (sábado 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, Santiago de Compostela). Podes ler o manifesto nesta ligazón e ao carón da expo adicada á Rosalía de Castro no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Para as-os máis novas-os, nesta biblioteca, celebraremos a Rosalía de Castro cunha sesión de contacontos, ás 18:30 para nenas-os a partir de 6 anos, a cargo de Trémola Teatro titulada "Rosalía de Castro: a miña historia".

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) pódese gozar dunha mostra da obra rosaliana: sempre temos as verbas de Rosalía a nosa poeta máis popular, querida e admirada para que se faga xustiza co pobo.

20/2/23

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 22 febreiro 2023 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h. (2º andar)

Comentario de "Virtudes (e misterios)" de Xesús Fraga
Coa colaboración da profesora xubilada de lingua e literatura galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: "El cuento de la criada" de Margaret Atwood.