9/8/19

Toni Morrison: 1931-2019

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=morrison%2C+toni&multibranchlimit=multibranchlimit%3AOLE&multibranchflag=OLE&sort_by=title_az&addto=Engadir+a...&biblionumber=1128857&loggedinuser=&biblionumber=1129346&loggedinuser=&biblionumber=673595&loggedinuser=&biblionumber=1245316&loggedinuser=&biblionumber=610087&loggedinuser=&biblionumber=606320&loggedinuser=&biblionumber=806236&loggedinuser=&biblionumber=1207281&loggedinuser=&biblionumber=1471567&loggedinuser=
Co motivo do seu pasamento, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) e Biblioteca Central Rialeda (Perillo) rendimos homenaxe a esta escritora comprometida coa loita contra a discriminación racial. 
Toni Morrison escribía tratando de desfacerse, segundo as súas propias palabras, do poder da “mirada branca”. “O que fago é quitar a venda para que se vexa a cicatriz, a realidade. Non hai que ter medo de mirar ao pasado porque só así se sabe quen somos”.
Morrison foi Premio Nobel de Literatura con só seis libros publicados, o que dá idea da calidade da súa escrita.

Recomendacións en Radioleiros: 9 agosto 2019

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=desconocidos&idx=au%2Cwrdl&q=lozano&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Buscahttps://youtu.be/RZGgtr-d99s- Xuvenil:
"Desconocidos" de David Lozano. En Edebé.
Trátase dunha novela xuvenil de intriga e misterio. Os protagonistas principais, Lara e Wilde quedan para verse por primeira vez tras varias semanas intercambiándose mensaxes. Coñecéronse por twitter e chegan a esta cita coa ilusión e as ganas de verse en persoa. Deciden quedar no McDonalds da estación de tren de Sants en Barcelona porque, a pesar de que non é moi romántico, é un sitio moi público e lle aporta a Lara certa seguridade. Non moi lonxe de alí, no Barranco de Sorts, nas cercanías de Barcelona, a policía atopa un cadáver. O dun mozo novo que leva no peto traseiro do pantalón unha foto, un selfie de Lara. Os inspectores aínda non o saben pero este corpo terá que estar ligado directamente á cita que se está a desenvolver no McDonalds.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=Un+animal+chamado+n%C3%A9boa&idx=kw&q=&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busca- Mozas-os e adultas-os:
"Un animal chamado néboa" de Ledicia Costas. Editado por Xerais .
"Un animal chamado néboa" é un libro duro, durísimo máis ben. Pero necesario para non esquecer toda a brutalidade e barbarie que o ser humano é quen de acometer. Hai que lembrar as atrocidades para evitar que se volvan repetir. Consta de seis relatos unidos por un nexo: a Segunda Guerra Mundial, máis ben: “a barbarie humana da Segunda Guerra Mundial”. O asedio mortal a Leningrado, as consecuencias das bombas atómicas, os crueis interrogatorios na Italia fascista ou as presas prostituídas polos nazis en Mathaussen, compoñen as historias deste libro. Como  nos podemos convertir en meras máquinas de destrución masiva dos nosos conxéneres? Como é posible que sucedese todo isto? Preguntas que nos facemos despois da lectura que nos removen a memoria. Unha memoria histórica que non debemos esquecer para evitar reproducila.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/8/19

Expo bibliográfica "Fotografías de onte: Oleiros, Galicia" na Biblioteca de Santa Cruz

Do 1 ao 31 de agosto no Castelo de Santa Cruz pódese visitar unha exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson, fotógrafa americana que documentou coa súa cámara a vida das xentes de Galicia nos anos 20.
Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) convidamos ás-aos nosas-os usuarias-os a consultar unha serie de libros que recollen escenas da vida cotiá galega tomadas por diferentes fotógrafos tamén galegos, incluídos os libros editados polo Concello de Oleiros e que recollen momentos da vida das mulleres e homes de Oleiros, festas, traballos, xogos, etc… así como a recompilación dos traballos da fotógrafa á que se adica a exposición.

2/8/19

Recomendacións en Radioleiros: 2 agosto 2019

https://youtu.be/NX8BXTpKXXQ
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1478850- Xuvenil (a partir de 12 anos):

A filla do Minotauro, de Marilar Aleixandre
Galaxia

No remate da Gran Guerra unha curiosa rapaza de apenas 16 anos, intelixente e sobre todo moi atenta ao que pasa ao seu redor chamada Miranda - a filla do Minotauro, ofrécese a botar unha man nunha empresa arriscada. Terá que agochar un documento antigo moi valioso e que é unha das pezas máis cobizadas polos ladróns de xoias de arte contratados pola mafia siciliana.

- Mozas/os e adultas/os:

Tea rooms: mujeres obreras, de Luisa Carnés
Hoja de Lata

"Tea Rooms" conta a historia dun grupo de mulleres que traballan nun salón de té na inestable capital de España, onde os dereitos dos traballadores son máis que limitados. Asistiremos aos inicios das primeiras folgas e as reclamacións dos obreiros para obter mellores condicións laborais. Un grupo de mulleres, cada unha coa súa propia historia, Antonia, Paca, Marta, Laurita e a protagonista Matilde, xoven e pobre pero moi diferente das demáis, con ideas propias e mirada crítica. Podemos considerala a "alter ego" de Luisa Carnés, a autora da novela.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/7/19

A Terra, en números vermellos!!!

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=6989&sortfield=
O 29 de xullo é o Earth Overshoot Day (Día do Sobrexiro da Terra), día no que @s human@s xa gastamos os recursos naturais correspondentes a todo 2019 !!!
As consecuencias deste desastre ecolóxico son máis que coñecidas e evidentes. Son moitas as persoas expertas en ciencia ecolóxica, ambiental, bioloxía, etc. que levan dando a voz de alarma sobre este lamentable récord da humanidade.
Cada ano adiántase esta vergoñosa data. É hora de poñer remedio!!! Para elo, a Biblioteca Central Rialeda ofréceche unha escolla de libros (na sala infantil-xuvenil) para axudar a facer do noso planeta unha casa habitable para todas-os.

26/7/19

Recomendacións en Radioleiros: 26 xullo 2019

https://youtu.be/YrhvrJ6ixxA
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1288964&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1-Infantil:
"Zoonetos" de Antón Cortizas; ilustracións de Sonja Wimmer. En Tambre.
O ferrolán Antón Cortizas, home de letras en forma de versos, teatro, novela, contos e lembranzas, tráenos a poesía en poucas liñas, apretada en sonetos que vencellados á vida animal aportan frescura, humor e tenrura. Magníficas ilustracións de Sonja Wimmer.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1564524&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1 
- Mozas-os e adultas-os:
"Los ojos vendados" de Siri Hustvedt. Editado por Seix Barral.
A primeira novela desta escritora narra a experiencia dunha rapaza de Minnesota durante a chegada nos anos setenta a Nova York. A universidade, as novas amizades, problemas de saúde, dificultades para subsistir nun medio alleo e en ocasións moi agresivo. Un relato de forte contido anímico con tintes autobiográficos da que co tempo veu dar unha das mellores aportacións ás letras norteamericanas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/7/19

Recomendacións en Radioleiros: 19 xullo 2019

https://youtu.be/qepUU9k-sUs
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1426219&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 4 anos):

Nina e Antón, de Antonio Ventura e ilustrado por Alejandra Estrada
Kalandraka

Un emotivo conto sobre a relación dunha nena co seu gato.

Nina cóntalle un conto a Antón, pero el non a atende como a nena quere. Antón é un gato e non comprende por que a nena lle fala así. Pregúntase se estará enfadada. Nina volve ao libro e segue lendo. Antón déitase no chan e escoita. Pon a súa pouta sobre a páxina cando Nina lle di que hai unha ilustración moi bonita. Nina e Antón enténdense moi ben...

Fermoso texto acompañado dunhas sinxelas e tamén fermosas ilustracións que falan sobre o amor aos animais e da magnífica relación que se pode establecer entre unha persoa e un animal. Neste caso un gato pero tamén podería ser con outros animais.

Esta obra está dedicada a Gabrielle Vincent, a autora do clásico infantil Ernesto y Celestina, que, supostamente, é o libro que a nena lle está lendo ao seu gato.

Recibiu unha mención do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.


- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=flor+purpura+chimamanda&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE
La flor púrpura, de Chimamanda Ngozi Adichie
Penguin Random House Grupo Editorial

Primeira novela desta escritora nixeriana coa que gañou o Commonwealth Writers' Prize como Best First Book.

Conmovedora historia sobre unha relación familiar ambientada no sur de Nixeria sobre o último terzo do século XX, durante un dos golpes militares, nunha época de conflitos políticos e sociais.

Kambili, unha moza de 15 anos e o seu irmán maior Jaja levan unha vida privilexiada. Viven nunha fermosa casa e van a un elitista colexio relixioso. Eugene, seu pai, é un poderoso e respectado empresario que dá importantes doazóns á igrexa local, a hospitais infantís e a moitos habitantes cristiáns, principalmente á poboación do lugar onde naceu. Ademais é o propietario dun xornal que critica a corrupción e a política de nepotismo do país e que non dubida en enfrontarse ao ditador que acaba de efectuar un golpe de estado e de tomar o poder.

Pero a vida familiar con el é un calvario debido a que é un fanático. Na súa casa non permite a entrada a xente doutras relixións. Non se relaciona con seu pai, ao que denomina pagán por non aceptar o cristianismo, e só deixa que os seus fillos vaian visitalo polo Nadal durante 15 minutos. Tanto á muller como aos fillos infrínxelles duros castigos se non actúan como el quere ou como el considera que di a relixión.

Esta intransixencia os fillos vana soportando porque non coñecen outra forma de vida, aínda que Jaja xa comeza a rebelarse ao non querer ir comulgar. Mais todo cambia, ou empeora, cando os fillos van pasar uns días á casa da súa tía Ifeoma, unha profesora de universidade viúva que vive nun modesto apartamento acompañada dos seus tres fillos (Amaka, Obiora e Chima). Aquí descobren unha liberdade que non existe na súa casa. Seus primos poden falar libremente e dar a súa opinión sobre os temas máis diversos. Non hai castigos físicos e predominan as risas e a ledicia. Despois diso ao volver a súa casa a tensión aumenta, principalmente ao descubrir o pai de que alí tamén estivo o avó...

Unha emotiva historia sobre as relacións familiares e sobre a complexidade das persoas. Como un home pode ser admirado e un benfeitor cara ao exterior e un tirano coa súa propia familia. Non é unha crítica ás relixións, senón á intolerancia e ao fanatismo dalgunhas persoas. Ao mesmo tempo podemos asistir á convulsa situación política e social de Nixeria nesta época de finais do século XX.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/7/19

Exposicións bibliográficas de Andrea Camilleri (1925-2019) nas bibliotecas de Santa Cruz e Perillo

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=camilleri&multibranchlimit=multibranchlimit%3AOLE&multibranchflag=OLE&sort_by=title_az&addto=Engadir+a...&biblionumber=1108255&loggedinuser=&biblionumber=1157603&loggedinuser=&biblionumber=1163098&loggedinuser=&biblionumber=1181633&loggedinuser=&biblionumber=1188917&loggedinuser=&biblionumber=1188946&loggedinuser=&biblionumber=1188954&loggedinuser=&biblionumber=1188957&loggedinuser=&biblionumber=1188959&loggedinuser=&biblionumber=1197837&loggedinuser=&biblionumber=1198845&loggedinuser=&biblionumber=1212043&loggedinuser=&biblionumber=1425930&loggedinuser=&biblionumber=613690&loggedinuser=&biblionumber=734931&loggedinuser=&biblionumber=787550&loggedinuser=&biblionumber=817019&loggedinuser=&biblionumber=1003911&loggedinuser=&biblionumber=1208218&loggedinuser=&biblionumber=510931&loggedinuser=
Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) e na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) rendimos homenaxe a Andrea Camilleri, este contador de historias que nos facilitou tantos e tantos sorrisos no seus percorridos polas paisaxes sicilianas acompañando ao inspector Montalbano. De seguro os seus soños seguirán repletos de cores. E como Sicilia ben o merece, tal vez na nosa vindeira viaxe intentaremos localizar a inexistente Vigàta na busca dun personaxe tan querido.
Ata pronto mestre, a brisa do Mediterráneo e o cheiro a peixe seguirán a ser os protagonistas das nosas lecturas!!!

16/7/19

Cos pés na Lúa: expo de libros infantís en Rialeda

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=6941&sortfield=
A misión Apolo 11, depois dunha viaxe de 3 días e 3 horas aproximadamente, colocou o 20 de xullo de 1969 (hai 50 anos!!!) a 3 astronautas na Lúa.
O noso satélite natural recibíu, por primeira vez, a visita inesperada (habería 6 "visitas" posteriores que levaron á Lúa a 12 persoas máis), de Armstrong, Collins e Aldrin froito dunha aventura fantástica, unha proeza tecnolóxica e o motor inesgotable que a humanidade leva no seu ADN: o desexo de coñecemento. Carreira espacial e guerra fría á parte, a Lúa foi e será un lugar (disque a visita poderíase repetir en 2024) e unha inspiración á que volveremos sempre. Cos pés na Lúa é unha expo de libros de contos, narracións e poesías, para nenas-os de ata os 12 anos, para conmemorar este espacial cincuentenario, na sala infantil-xuvenil da Biblioteca Central Rialeda.
Viaxa á Lúa con contos e poesías!
Por certo, que lle preguntaríamos aos astronautas logo da súa viaxe?, "A que sabe a Lúa?", non si?, como no conto de Grejniec...

12/7/19

Recomendacións en Radioleiros: 12 xullo 2019

https://youtu.be/M_6eMNv32ho
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1430982&query_desc=au%2Cwrdl%3A%20ma%C3%B1as%2C%20pedro- Infantil (de 10 a 12 anos):
"Apestoso tío Muffin" de Pedro Mañas. Editado por Anaya.
O protagonista desta historia chámase Montgomery Muffin e ten unha estraña cualidade: a capacidade de atraer a porcallada. Por raro que poida parecer é unha persoa extremadamente limpa e aseada. Cada mañán, Muffin enchía a súa antiga bañeira con litros e litros de auga fervente e burbullas e se sometía a unha exhaustiva limpeza  pero ao chegar ao traballo xa estaba cheo de sucidade e apestaba a peixe podre. Isto motivou que Muffin estivese sempre só e aburrido. Ata que aparece Emma, unha rapaza que di ser a súa sobriña e porta unha nota na que a súa nai lle encarga que a coide por uns días. Emma é unha nena chea de vida e de imaxinación. Chegan a conxeniar tan ben que as cousas empezan a mellorar para Muffin.

- Mozas-os e adultas-os:
"Lydie" guión de Zidrou e debuxos de Jordi Lafebre. En Norma Editorial.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1305847
Zidrou trasládanos a un lugar ficticio que leva por alcume “a rúa do bebé con bigote". Alí vive Camille, xunto co seu pai. Una rapaza máis bonita que intelixente (xa que parece ter certo retraso) e que se atopa na recta final do seu embarazo. Por desgraza, o bebé de Camille nace morto, ía ser unha nena e se ía chamar Lydie. Aos poucos días do triste acontecemento, Camille chama eufórica ao seu pai dicindo que a pequena Lydie está alí, no seu berce, que baixou do ceo ao ver a tristura das súas vidas. O pai pensa que finalmente Camille perdeu a cabeza pola dor da morte do seu bebé e decide seguirlle a corrente. Que dano lle pode facer se ela é feliz crendo que a súa filla volveu á vida? A partir dese momento, todos os personaxes se unen nunha mentira para facer feliz a Camille.
Unha obra moi recomendable para quen goce das historias que orixinan emocións.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/7/19

Novelas de aventuras para ler á sombra dun parasol

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=6920&sortfield=
A Biblioteca Central Rialeda proponche unha escolla de novelas de aventuras para este verán. Aventuras clásicas (como a historia de Odiseo, o heroe do poema de Homero na obra de Manfredi). Aventuras de buscavidas (a de "El buen ladrón" de Hannah Tinti). Aventuras ambientadas no lonxano Oriente ("La Oficina de estanques y jardines" de Didier Decoin). Aventuras de dous amigos que se van de festa ("Sen piedade" de Pedro Feijoo). Osos, bandidos e o crú clima de Alaska ("El volcán de oro" de Verne). Viquing@s, viaxeir@s, estafador@s, explorador@s, e un longo etcétera de aventuras trepidantes que te deixarán pegado á hamaca. 
Por iso, aconsellamos tomar a protección adecuada para vivir estas lecturas sen "danos colaterais": insolación, deshidratación, queimaduras solares. Iso si, para gozar plenamente destas historias, déixate levar por onde te leven estas lecturas altamente adictivas...

5/7/19

Recomendacións en Radioleiros: 5 xullo 2019

https://youtu.be/2o5G2-LoVwI
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1196917&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (maiores de 5 anos): 

Olivia y las princesas, de Ian Falconer
Fondo de Cultura Económica

Olivia é unha porquiña espontánea, preguntona, impetuosa, contestona, tenra e moi especial que un día decide que non quere ser princesa, e máis exactamente non quere ser unha princesa vestida de rosa e brillos.
Por que as outras nenas non pensan polo menos en ser princesas tailandesas, africanas ou chinesas??? Olivia non o entende e o único que ten claro é que ten que buscar un estilo máis orixinal e moderno.
Despois de barallar diversas posibilidades e alternativas, Olivia chega a unha conclusión absolutamente sorprendente e divertida.


- Mozas/os e adultas/os:

DX, de Eli Ríos
Urco

A acción da novela transcorre na cidade da Coruña, nun futuro non moi lonxano. Todo comeza a noitevella do ano 2029 ao 2030, na festa de despedida que fan na empresa de alta teconoloxía “DX” onde traballan os dous protagonistas, Morgan e André.
Pasan esa noite xuntos pero a trama da novela dá un xiro radical e inesperado ao día seguinte, comezando unha carreira na que os protagonistas tentarán tanto sobrevivir como entender o que está a acontecer. 

Unha novela escrita sen connotacións de xénero.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

3/7/19

Contos de porquiños para ler en calquera cortello…

Contos que teñen como protagonista un porquiño… 

Seguramente o conto máis coñecido sexa o clásico Os tres porquiños ou Babe, el cerdito valiente, éxito cinematográfico dos anos 90. Na actualidade atopamos heroínas coma Peppa Pig ou a culta e elegante Olivia, protagonista dunha serie de álbumes firmados por Ian Falconer.

Na Biblioteca de Santa Cruz tes unha selección de Contos de porquiños que de seguro farán as delicias dos nosos usuarios e usuarias máis pequenos e poderán gozalos en calquera lugar, na praia, no xardín, na montaña, de vacacións, na casa dos avós…

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/rosalia-castro-sta-cruz

1/7/19

Lévaos, vanche gustar! Libros das Tertulias 2018-2019

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=6854&sortfield=

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz ofrecemos expos cos libros lidos nas Tertulias Literarias na pasada xeira. Son títulos que emocionaron as persoas que participaron nos clubes de lectura (comproba cales foron os mellor valorados). 
Agora es ti quen pode deixarse cativar por eles.

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/rosalia-castro-sta-cruz