13/5/10

17 de maio: "Os Bolechas". Teatro As Torres

Lugar: Teatro "As Torres" de Santa Cruz
Hora: 2 sesións (12,00 e 18,00h.)
Duración: 50 minutos.

Espectáculo recomendado para nenos e nenas maiores de 3 anos.

"Os Bolechas" é unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosará un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns.

Posta en escea a cargo da Compañía Caramuxo Teatro, coadaptación do texto con Pepe Carreiro (debuxante, humorista gráfico e creador dos persoaxes).

A banda sonora do espectáculo está creada pola compañía e realizada por músicos da Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia.

Elenco: Xosé Manuel Esperante, Laura Sarasola, Juan Rodríguez
Técnico de luz e son: Juan Pazos
Deseño de iluminación: Carlos Clemente
Espectáculo organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario