26/9/23

Tertulias Literarias en Mera: ábrese a inscrición o 3 de outubro ás 16:00

Tertulias Literarias en Mera: ábrese a inscrición o 3 de outubro ás 16:00 h.
Clubs de lectura e Tertulias literarias na
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera): inscrición a partir do día 3 de outubro, ás 16 horas.

Como inscribirse:
- Persoalmente na Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado de Mera.
- Por teléfono (981 628 507) no horario da biblioteca: luns, de 16:30 a 20 h e de martes a venres de 16 a 20 h.

Serán 30 prazas, distribuídas en 2 grupos de 15 persoas cada grupo.
Poderán apuntarse todas as persoas maiores de 18 anos que desexen participar.
As-os solicitantes sen praza formarán parte dunha listaxe de agarda.
As sesións celebraranse mensualmente os luns (un luns un grupo e outro luns o outro grupo), ás 19 h.
A duración da actividade é de 90 minutos.
A presentación e primeira sesión do grupo A será o luns 16 de outubro e do grupo B o luns 30 de outubro, ambas ás 19 h.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.
O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.
Ao longo dos meses iranse prestando ás persoas participantes diferentes libros de autoras e autores da literatura galega, española e internacional, por este motivo é totalmente imprescindible que as-os interesadas-os en participar se inscriban nalgunha das tres bibliotecas, para ter praza e poder ter dispoñibles os exemplares necesarios de cada título. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario