13/5/21

13 de maio en As Torres (20 h.): "Xela Arias, viaxe a unha mesma" con Yolanda Castaño

Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Día e hora: xoves 13 de maio ás 20 h.
Entrada libre (ata completar capacidade permitida)

A poeta Yolanda Castaño contaranos a vida de Xela Arias e mostraranos como xa na infancia da escritora se albiscaban os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións, e non deixarse guiar por modelos de segunda man...
A biografía de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma.

“Do xeito en que me sinto quen de amarte
parte un vagalume”
...
"Denuncia do equilibrio" Xela Arias


Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003): Poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento.
Algunhas das súas obras foron: Denuncia do equilibrio (1986), Tigres coma cabalos (1990) en colaboración co fotógrafo Xulio Gil, Darío a diario (1996), Intempériome (2003).
Realizou numerosas traducións, labor pola que recibiu recoñecementos como: Medalha do Prêmio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro.
A súa voz poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra.

Yolanda Castaño: Escritora, tradutora, crítica literaria e unha activa dinamizadora cultural. Biógrafa de Xela Arias na obra titulada Xela quixo ser ela: biografía de Xela Arias, publicada por Edicións Xerais, na colección Merlín.

En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte a COVID-19, a presentación terá capacidade limitada e será obrigatorio  manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
Invítase ás persoas que desexen asistir ata completar a capacidade permitida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario