15/5/21

Letras Galegas 2021: Xela Arias, “Do xeito en que me sinto quen de amarte parte un vagalume”

Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003): Poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento.
Algunhas das súas obras foron: "Denuncia do equilibrio" (1986); "Tigres coma cabalos" (1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Gil; "Darío a diario" (1996); "Intempériome" (2003).
Realizou numerosas traducións, labor pola que recibiu recoñecementos como: Medalha do Prêmio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro.
A súa voz poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra.

*13 de maio, ás 20 h., no Teatro As Torres  (Santa Cruz)
“Xela Arias: viaxe a unha mesma” a cargo da poeta Yolanda Castaño.
A poeta Yolanda Castaño contaranos a vida de Xela Arias e mostraranos como xa na infancia da escritora se albiscaban os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións, e non deixarse guiar por modelos de segunda man...
A biografía de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma.

En todas as bibliotecas:
*Exposicións e mostras bibliográficas, con libros escritos pola autora homenaxeada e outros sobre a súa biografía e a súa produción literaria, así como obras traducidas por ela.
*Encrucillados e xogos sobre Xela Arias para un público infantil.
*Contacontos para nenas/os maiores de 6 anos.

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo):
*Club de lectura virtual (Grupo A) sobre a obra Feliz idade de Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020.
*Club de lectura virtual (Grupo B) sobre a obra Amor de tango de Mª Xosé Queizán.

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz (Santa Cruz):
*Marcapáxinas conmemorativo.
*Tríptico bibliográfico.
*Mural bibliográfico interactivo.
*Exposicións de libros de autores/as galegos/as.
*Club de lectura virtual (Grupo A) sobre a obra As rulas de Bakunin de Antón Riveiro Coello.
*Club de lectura virtual (Grupo B) sobre a obra Os vellos non deben de namorarse de Castelao.

Na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda):
*O recuncho de... Xela Arias”: carteis informativos con datos biográficos e bibliográficos da autora homenaxeada.

Na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros):
*Mural de Xela Arias con fragmentos da súa obra Darío a diario.

“Do xeito en que me sinto quen de amarte
parte un vagalume”

...
“Denuncia do equilibrio”


No hay comentarios:

Publicar un comentario