- Infantil- Xuvenil:
"Las niñas serán lo que quieran ser" de Raquel Díaz Reguera. Editado por Lumen.
Catro nenas de 8 anos: Violeta, Martina, Adriana e Jimena, teñen soños e aspiracións persoais como calquera nena de calquera parte do mundo, nenas que queren voar e chegar alto. O señor SEQUERESPODES teceu unhas ás invisibles para cada unha, para que voen alto e acaden os seus soños. Pero como en todas as historias, hai un malo. Nesta é don NONOCONSEGUIRÁS quen non traballa só, ten toda unha panda de bandidos que o axuda: O señor REFLEXOS, a SEÑOR-ITA, O señor DESIGUALDADE e a señora BELEZAEXTERIOR.

- Mozas-os e adultas-os:
"Besta do seu sangue" de Emma Pedreira. En Xerais.
Aborda o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero. A autora inspírase na figura e no mito de Manuel Blanco Romasanta, alcumado o lobishome ou aquí en Galicia o Sacaúntos. Parece ser que Manuel naceu sendo Manuela, así figura na súa partida de nacemento. Deste feito parte a novela, do misterio da convivencia dos dous xéneros nunha única persoa. Unha atmosfera de desacougo e angustia que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para revivar a figura do lobo-loba e a súa convivencia co ser humano.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario