Xoves 14 marzo
- 20:00 h., concerto titulado “Grandes voces, grandes mulleres” a cargo de Vintage Dúo. Proxecto musical que reinterpreta grandes éxitos a través dun coidado repertorio interpretado en directo con temas como: Cry me a river (Ella Fitzgerald), Route 66 (Natalie Cole), etc.

Biblioteca Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro (Santa Cruz)
- Exposición de carteis titulada “Mulleres que cambiaron o mundo” no que figurarán mulleres tan representativas como Clara Campoamor, Benazir Buttho, Amelia Earhart, etc, xunto cunha mostra de libros, DVD e CD relacionados con estas mulleres, escritos por elas ou que falan delas.

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
- "Esquecidas no seu tempo" é unha exposición de obras literarias de escritoras inxustamente tratadas no seu momento. Mulleres que viviron á sombra dos seus compañeiros de profesión ou das súas parellas de vida. Mulleres que non viron recoñecido o seu talento literario ata tempos ben recentes e que hoxe é hora de reivindicar, dar a coñecer e gozar coa súa lectura e estudo. Nomes como os de Caterina Albert, Cecilia Böhl, Colette, Luisa Carnés, María Teresa León, Anna Maria Ortese, Adelaida García Morales, Lidia Chukóvskaia, entre outras, estarán presentes na nosa expo para celebrar o 8 de marzo na Rialeda. Recuperadas para o a noso tempo, escritoras que nunca deberan ter sido esquecidas.
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
- “Mulleres protagonistas” é unha mostra de libros infantís nos que o personaxe principal é unha muller ou unha nena, tanto personaxes reais como ficticios.
Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
- “8 de marzo: Día Internacional da Muller… lendo avanzamos na igualdade”: mostra bibliográfica na sala infantil e xuvenil. Conxunto de propostas de literatura infantil e xuvenil que invitan á nena e ao neno a reflexionar sobre os estereotipos e o reparto de roles sexuais na sociedade e favorecen un cambio de actitude ante as situacións discriminatorias e de desigualdade. Tamén se decorará a biblioteca cos debuxos conmemorativos do Día Internacional da Muller proporcionados pola biblioteca ou elaborados polas nenas-os.

Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
- “Senlleiras” é un singular photocall no que participan 30 mulleres usuarias desta biblioteca e mostra bibliográfica sobre libros infantís, xuvenís e de adultas-os con temática sobre a muller. Que mellor xeito de conmemorar este día que as usuarias da Biblioteca sexan as protagonistas desta data!: a Ánxel Fole quixo aportar o seu grao de area dando visibilidade ás mulleres que fan uso dos seus servizos e así contou coa colaboración inestimable das súas usuarias cedendo a súa imaxe para o photocall da Biblioteca de Nós, que agradece poder celebrar este día tan significativo con todas elas. Sen a súa axuda non tería sido posible!

No hay comentarios:
Publicar un comentario