Neste mes de agosto cúmprese o centenario do inicio da Gran Guerra, conflito que significou o final dun xeito de entender a sociedade e as relacións internacionais en Europa, sentando as bases dos cambios profundos nos eidos políticos, sociais e económicos do continente ao longo do século XX.
Presentámosche unha escolma de títulos relacionados no 2º andar da Biblioteca Rialeda. Poderás atopar novelas, libros divulgativos, películas e revistas monográficas.
Descarga a guía premendo sobre a portada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario