3/5/23

Comeza a conta atrás para o Día das Letras Galegas 2023!!!

Comeza a conta atrás para o Día das Letras Galegas 2023. Visita a expo bibliográfica "A galaxia de don Paco" en Rialeda
Comeza maio e Bibloleiros inicia a celebración do Día das Letras Galegas 2023. A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofréceche a expo bibliográfica "A galaxia de don Paco", unha mostra de libros da autoría de Francisco Fernández del Riego e sobre a figura do polifacético intelectual nacido en Vilanova de Lourenzá.
Escritor, editor, un dos fundadores da editorial Galaxia, presidente da Real Academia Galega, impulsor do Día das Letras Galegas e as innúmeras actividades nas que Francisco Fernández del Riego participou, compoñen unha constelación de iniciativas nas que viaxar a xeito de cosmonautas da nosa cultura.   
 
Comeza a conta atrás para o Día das Letras Galegas 2023!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario