29/1/16

Recomendacións en Radioleiros: 29 de xaneiro

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=34562- Infantil (menores de 6 anos):
"De que cor es ti?", texto de Luis Rapela e ilustracións de Špela Trobec, en Edicións Embora.
Vrigo sabía que era un neno, pero non que era unha cor. O seu primeiro día de escola e coa compañía doutras nenas e nenos saberá que el é vermello, pero descubrirá que tamén os hai laranxa, amarelo, verde, azul, violeta e negro.
Con este xogo poderanse mostrar as distintas cores para que as nenas e os nenos máis pequenos as vaian coñecendo.
Obra sinxela e entretida, con pouco texto e moita ilustración que fará posible unha lectura creativa e visual. 
- Moz@s e adult@s:
"Los días contados" de Miklós Bánffy, editado por Libros del Asteroide.
Unha novela histórica cunha magnífica narración e moi ben documentada que retrata a caída da decadente nobreza húngara, a principios do século XX, vítima das circunstancias
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=76069 históricas pero tamén dos seus defectos e vicios. Entre bailes, cacerías, banquetes, etc, pasaban o seu tempo alleos a como estaba cambiando a sociedade e ao que estaba acontecendo. O difícil equilibrio da monarquía austrohúngara, a inestabilidade política que está levando o país ao colapso e a aristocracia que se ve incapaz de gobernar.
A través de 4 protagonistas: dous primos, un descendente dunha familia adiñeirada da nobreza terratenente transilvana, que acaba de regresar a Hungría tras unha breve carreira diplomática para presentarse como deputado ao parlamento de Budapest e outro que descende dunha rama familiar menos acomodada, que perdeu aos seus pais en circunstancias algo raras e que viviu sempre acollido polo resto da súa familia, pero coa gran paixón da música, á que desexa dedicar a súa vida.
Por outra parte están unha amiga de ambos que está infelizmente casada e Klára.
Poderemos ver a hipocrisía desa sociedade de aparencias e normas de honor que só serven para encubrir e finxir, ao mesmo tempo que nos presenta outra realidade: os habitantes das comarcas montañosas sometidos á tiranía dos funcionarios locais, o deterioro da situación política, os enganos das campañas electorais, pero tamén os intentos por poñer en marcha un sistema cooperativo que axude ás clases baixas a organizarse por si mesmas e saír da súa pobreza o que choca coa oposición dos beneficiarios destas medidas, debido a que ninguén confía no que vaian propoñer as clases dirixentes logo de tantos anos de explotación e miseria.
Unha obra moi interesante, considerada por moitos como das máis importantes da narrativa centroeuropea da primeira metade do século XX, cunhas magníficas descricións paisaxísticas e un excelente retrato psicolóxico dos personaxes.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario