22/5/14

Quino: premio Príncipe de Asturias de Comunicación 2014

O humorista gráfico nado en Mendoza, Arxentina (1932) recibe o galardón no mesmo ano que se cumpre o 50 aniversario da súa popular creación “Mafalda”, obra amplamente traducida e levada tamén ao cine e á televisión.

Quino, cuxo nome é Joaquín Salvador Lavado, é fillo de emigrantes
andaluces e hai 24 anos adoptou a nacionalidade española.

Quino alcanzou a fama co personaxe de Mafalda, inicialmente creado para unha campaña publicitaria que non chegou a realizarse, o que fixo que pasase ao medio impreso a través de tiras cómicas no semanario Primera Plana de Bós Aires, aló por 1964.

O engado de Mafalda é a visión do mundo adulto dende a perspectiva infantil. A protagonista é irónica, intelixente, nada conformista e sempre cuestionando o mundo adulto, comprometida coa paz e os dereitos humáns e, en consonancia coa época na que foi creada, amante dos Beatles.

Información tomada de: El Heraldo
Máis información na páxina oficial do Premio Príncipe de Asturias

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz ofrecemosche unha pequena exposición de obras de Quino, ademáis das que podes atopar e levar en préstamo nas oito bibliotecas do Concello.


No hay comentarios:

Publicar un comentario