16/12/22

Recomendacións en Radioleiros: 16 decembro 2022

- Infantil (a partir de 6 anos):


Historia que é continuación do coñecido libro infantil “La ovejita que vino a cenar

Anteriormente, a ovelliña “Estofado” e o lobo coñecéranse accidentalmente, agora xa son os mellores amigos, pero os animais do bosque non entenden esa amizade e sempre teñen medo de que o lobo se zampe a Estofado. Os dous amigos deciden compartir a súa amizade cos outros animais pero ninguén se fía do lobo. Entón este decide invitar aos seus outros amigos lobos: Zarpa, Gruñido e Mordisquiño. Unha auténtica horda intentará salvar a Estofado sin entender que as cousas non sempre suceden como as imaxinamos.

Amizade, valentía, diversidade, diferenzas, estereotipos e prexuízos son termos para tratar coas nosas crianzas tras a lectura desta historia.

- Mozas/os e adultas/os:


Corre o ano 1793, época do reinado de Gustavo IV en Suecia. Un corpo sen identificar ao que lle faltan as catro extremidades, os ollos, os dentes e a lingua, aparece flotando nun lago de Estocolmo. Ao cargo da investigación estarán Mikel Cardell, un veterano da guerra sueco-rusa de 1788 e Cecil Winge, un avogado ao que a tise estalle a dar unha pequena tregua.

Magníficos personaxes, vívidas e exhaustivas descricións. Un thriller histórico que analiza a psicoloxía dun crime atroz a través dunha parella de investigadores ao máis puro estilo de Tintín e o capitán Haddock.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/12/22

14 decembro 2022: Entrega de premios ás/aos usuarias/os máis lectoras/es das Bibliotecas Municipais de Oleiros

Data: mércores 14 de decembro
Lugar: Teatro As Torres. Santa Cruz
Hora: 18 h.
Ás 18:30 h., finalizará o acto co espectáculo "Nova maxia para tod@s" do mago Pedro Bugarín.

Establecéronse catro categorías:
- Menores de 6 anos
- De 6 a 11 anos
- De 12 a 17 anos
- A partir de 18 anos


Para cada unha das categorías entregaranse tres premios:
- 1º premio: Entrega dunha tarxeta de compra para cambiar por libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 100 €
- 2º premio: Entrega dunha tarxeta de compra para cambiar por libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 75 €
- 3º premio: Entrega dunha tarxeta de compra para cambiar por libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 50 €

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 14 decembro 2022 (Grupo A)

Atención, cambio de hora! 
18 a 20 h. (2º andar)

Comentario de "La anomalía" de Hervé Le Tellier

Seguinte lectura: "Un caballero en Moscú" de Amor Towles

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 13 decembro 2022 (Grupo A)

9/12/22

Recomendacións en Radioleiros: 9 decembro 2022

- Infantil: 
"Cósmico o bombeiro galáctico" de Fon. Editado por Xerais.
Dispoñible en Galicia Le
 
Da man deste magnífico ilustrador vemos a historia de Cósmico, un bombeiro que soña con gañar medallas apagando lumes. Banda deseñada con afán pedagóxico no eido medioambiental. Interesante opción para agasallar.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"Obra maestra" de Juan Tallón. En Anagrama. 
Dispoñible en eBiblio
 
A desaparición acontecida anos atrás dunha monumental escultura de Richard Serra que estivera exposta no Reina Sofia, permítelle a Tallón un magnífico exercicio narrativo arredor do mundo da arte: comisarios, galeristas, políticos, empresarios, empregados de museos e contratas pasan por estas trescentas páxinas cheas de contido e ironía.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


3/12/22

Obradoiros de creación dunha marioneta con personaxes do Nadal ou Reis

Obradoiros de creación dunha marioneta con personaxes do Nadal ou de Reis a cargo de Viravolta Títeres.
- Dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos.
- Aforo limitado: 15 participantes como máximo en cada obradoiro.
Imprescindible reservar praza na biblioteca ou chamando por teléfono á biblioteca na que desexan participar. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización de cada un dos obradoiros.
- Hora de realización: 17:30 horas


Venres, 2 de decembro
Tel.: 981 628 507

Luns, 12 de decembro
Tel.: 981 626 638

Martes, 13 de decembro
Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Tel.: 981 610 700

Xoves, 15 de decembro Aforo completo!!!
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Tel.: 981 639 511

Venres, 16 de decembro
Biblioteca Ánxel Fole (Nós)
Tel.: 981 664 257

Mércores, 21 de decembro
Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Tel.: 981 626 338

Xoves, 22 de decembro
Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé)
Tel: 981 618 201

AVISO

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

2/12/22

Recomendacións en Radioleiros: 2 decembro 2022

- Infantil (a partir de 3 anos):

O traxe novo do rei. Adaptación de Xosé Ballesteros do clásico de Andersen, ilustrado por Joâo Caetano
Kalandraka

Un rei moito máis preocupado polas súas vestimentas que polas razóns de estado e aínda menos polo benestar dos seus súbditos, recibe no pazo a uns estafadores que prometen facerlle o traxe mais fermoso que ninguén puidera imaxinar e que ademais ten o poder de saber cando unha persoa está capacitada para o posto que rexenta.

- Mozas/os e adultas/os:

Nuestra parte de noche, de Mariana Enríquez
Anagrama

Audiolibro en eBiblio

Un pai e un fillo atravesan Arxentina por carretera desde Bos Aires cara as cataratas de Iguazú, na fronteira con Brasil, neses convulsos anos da dictadura militar, tratando de protexer ao seu fillo dun destino que ten asignado na sociedade secreta da que el mesmo é médium.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

25/11/22

Hora do conto: 28 de novembro a 1 de decembro 2022

- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.
 
Luns 28 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “O polo Pepe e o galo Cocorico”
CONTACONTOS: Lía Magalia
 Martes 29 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Pipo, o paxaro que no sabía voar”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Mércores 30 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Paxariños”
CONTACONTOS: Trinke Trinke Teatro
 
Xoves 1 de decembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Cociñando contos"
CONTACONTOS: O Maquinista
 
                                                       AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 25 novembro 2022

- Infantil (nenas-os de 8 a 10 anos):
"Bichería" de Carlos López. Ilustracións de Xan López Domínguez. En Xerais.
Paxaros, insectos, peixes, réptiles, felinos e demais aparecen neste libro con máis de corenta contos pequenos, e moito, moito humor. Unha aventura moi ben ilustrada polo talento de Xan López Domínguez, que ben pode servir para agasallo.

- Mozas-os e adultas-os:
"Las lealtades" de Delphine de Vigan. Editado por Anagrama.
A entrada dun neno de doce anos no mundo do alcohol é o comezo desta novela a catro voces na que de Vigan lévanos polas vidas de familias e docentes nunha mestura forte e austera dunha cidade francesa de hoxe.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


24/11/22

María Casares: 1922-2022. Expo en Rialeda que conmemora o centenario do seu nacemento

María Victoria Casares Pérez naceu na Coruña hai cen anos, o 21 de novembro de 1922. Celebramos o centenario do nacemento dunha das actrices máis senlleiras da escena francesa do século XX. María Casares tivo unha moi especial relación con Oleiros, sobre todo durante a súa nenez, xa que gozará os meses de agosto da súa estancia en Oleiros, primeiro no Pazo do Río e despois en Villa Galicia en Montrove. O escenario dos seus veráns son, ata mediados dos anos vinte do pasado século, os paseos e baños na praia de Bastiagueiro. 
Nas súas memorias, "Residente privilexiada" evoca os seus tempos vacacionais vividos en Oleiros, os seus xogos infantís e a vida de familia. Felicidade truncada polo golpe de Estado de 1936 e a ditadura franquista que a leva ao exilio en Francia onde se convirte nun personaxe indiscutible sobre as táboas. 
Este é o ano para celebrar a biografía e a obra de María Casares. Convidamos a visitar as exposicións bibliográficas adicadas a ela en Bibloleiros (Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz e Biblioteca Central Rialeda de Perillo). 
No Concello de Oleiros unha rúa e un centro de ensino secundario gardan o seu recordo.

22/11/22

Presentación de "O obxecto muller e o xiro ontolóxico" de Inma Otero Varela: 24 de novembro 2022

Día: xoves 24 de novembro
Hora: 20:00 h.
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Intervirán: a autora Inma Otero Varela e o filósofo Carlos Lema.

"O obxecto muller e o xiro ontolóxico": A cuestión de xénero é un dos interrogantes aos que a filosofía feminista intenta responder desde os seus inicios. ¿Que é unha muller e que implica esta determinación inicial? ¿Pódese revogar ou é unha natureza inemendable? (...) Para contestar esas preguntas, a autora parte do xiro que o realismo especulativo, ou o novo realismo, deu na filosofía contemporánea. Pensar unha ontoloxía plana na que a relación de dependencia entre suxeito e obxecto desaparece ao deixar de ser a exclusiva forma de acceder ao senso, de existir.

Inma Otero (Carral, 1976), profesora de Lingua e Literatura Galega no Ensino Medio, combina o traballo docente coa investigación e crítica literaria (Grial e Sermos, entre outros medios). Traduciu do italiano Emerxencia de Maurizio Ferraris (Euseino? 2017) e é autora de A materialidade das fillas de Lupa. Obxectos ficcionais femininos na narrativa galega (Xerais, 2022)
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir.

AVISO: Biblioteca de Lorbé pechada o martes 22. Biblioteca de Mera pechada o mércores 23

A Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé) permanecerá pechada ao público o martes 22 de novembro (de 16:00 a 20:00)
 
A Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" (Mera) permanecerá pechada ao público o mércores 23 de novembro (de 16.00 a 20:00).

Pregamos desculpen as molestias