Paco Franco del Amo formou parte do equipo que deseñou o Aquarium Finisterrae (estivo case 20 anos dirixindo este museo interactivo), como investigador, especializouse na bioloxía do desenvolvemento de vertebrados, destacouse como defensor da concienciación ambiental e como divulgador publicou centenares de artigos e visitou numerosos centros educativos e bibliotecarios.
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) tivemos a sorte de contar coa súa presenza en tres ocasións: o 7 de novembro de 2008 coa charla científica "Os peixes de Nemo: a ciencia mariña de 20.000 leguas de viaxe submarina", o 25 de febreiro de 2011 coa conferencia titulada “Elixe o peixe correcto: opcións de consumo responsable de peixe para aliviar a sobrepesca”, e o 26 de abril de 2019 no encontro “Mar de plásticos” dentro do programa "Ler para saber", charlas científicas para adolescentes e público en xeral organizadas pola Universidade da Coruña, os Museos Científicos Coruñeses e diversos profesionais do mundo das ciencias xunto ás Bibliotecas Municipais de Oleiros.
Paco Franco del Amo foise hai uns días. Recordaremos o diálogo entusiasta que mantiña coas nenas e nenos que asistían ás súas charlas. Grazas por compartir connosco a túa sabedoría e os teus coñecementos sobre o mar e a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario