22/3/19

Recomendacións en Radioleiros: 22 marzo 2019

https://youtu.be/p2hPLAX7sW8
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1048121&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20sacos%20area%20canals- Infantil (de 6 anos en adiante):

Os sacos de area, de Mireia Canals ; ilustracións de Sandra Aguilar
Baía

Co obxectivo de “recoñecer e saber expresar emocións e sentimentos”, Mireia Canals tráenos este texto para nenas e nenos que forma parte dunha serie na figuran entre outros a morte, a alegría, o medo, a preocupación e a asertividade.
Ana e Xabier protagonizan diversas aventuras como a deste título adicada á tristeza e que comeza cando racha unha caixa.


- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1245361Intrusión, de Tana French
Alianza de Novelas

Na brigada de homicidios de Dublín traballan os detectives Antoinette Conway e Steve Moran. O ambiente non é satisfactorio pero compénsalles o interese polo seu traballo. Un novo caso que parece un exemplo claro de violencia doméstica complícase, dando lugar a unha trama escura que nos leva polos barrios da cidade cos seus bares e personaxes perigosos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario