- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):
"O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba". Ilustracións de Miguelanxo Prado. Textos de David Aceituno. Editado por El Patito Editorial.
É unha fermosa obra que nos fala dun dragón, chamado Mocoso Dragón, que esbirra con moita facilidade e de Ernesto Felino, que é un gato alegre e espelido, que se ofrece a resolverlle o problema. O dragón quere cambiar de conto, non desexa estar neste porque hai un cabaleiro que sempre lle gana e porque os seus esbirros espantan á princesa.
E se fósemos en globo á casa dos tres porquiños e do lobo? Pregúntalle. Nese mesmo momento, Ernesto achegoulle unha rosa e co esbirro do dragón caeron nun conto onde os tres porquiños estaban comendo co lobo unha sopa de verduras riquísima. Así poderíamos continuar, indo de conto en conto...
Estamos ante un divertido álbum cunhas simpáticas ilustracións realizadas coa mestría que caracteriza a este magnífico ilustrador que é Miguelanxo Prado.

- Mozas-os e adultas-os:
"El jugador de ajedrez: Según la novela de Stefan Zweig" de David Sala. En Astiberri.
E unha novela gráfica realizada a partir da obra Novela de xadrez de Stefan Zweig e que foi libremente recreada polo ilustrador francés David Sala.
Un barco diríxese a Arxentina e, entre outros pasaxeiros atópase o campión do mundo de xadrez, unha persoa que gañou todos os torneos en EEUU e que agora vai a Arxentina en busca de novos trunfos. Un pasaxeiro ten curiosidade por falar con el e decide organizar no barco unhas partidas de xadrez para atraelo. A estratexia funciona. O campión proponlles que xoguen todos xuntos contra el. Entre todos destaca un home que coñece as xogadas das partidas máis importantes do mundo. Un home que tiña un bufete de avogados en Viena, que foi detido polas SS e encarcerado nunha habitación dun hotel coa intención de sacarlle información sobre as principais fortunas do país. Despoxárono de todos os seus obxectos persoais, non tiña nada que facer, nada que oír, e así pasaba os días nun baleiro total e ata a desesperación absoluta... Novela de xadrez, é o último texto escrito por Stefan Zweig, en 1941, antes de suicidarse e nel presenta unha denuncia da barbarie nazi e da tortura psicolóxica.

David Sala, a partir dun guión da novela de Zweig, realizou unhas ilustracións magníficas que captan a inquietude do texto e a angustia, cuns personaxes moi expresivos e un aspecto exterior que reflicte a súa personalidade. Ao final tamén hai varias páxinas extras con estudos dos personaxes.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario