Os obxectivos que se pretenden conseguir son que estes alumnos e alumnas aprendan diferentes técnicas (adaptadas á súa idade) para a realización dunha obra de banda deseñada, fomentar a creatividade e a imaxinación a través das actividades plásticas e promover a lectura de cómics e obras de banda deseñada.
23/3/11
Taller de iniciación ao cómic na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros
22/3/11
Tertulia literaria en Rialeda: 23 de marzo (Grupo A)

Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Tertulias Literarias
21/3/11
Actividades de animación á lectura cos centros de ensino público do Concello de Oleiros
“Quiteria, que en plena voda con Camacho o rico, recorda o seu amor a Basilio, o pobre.
A pastora Marcela, na que destaca o seu discurso co que finalizaba as charlas cos seus namorados.
Claudia Jerónima Cervantes, na que está personalizada a liberdade da muller, con límites tan amplos nos que cabe un erro tan grave como a morte.”
Tamén o 22 de marzo, ás 10 e ás 12 horas, a Compañía “Tanxarina” representará en dúas sesións o espectáculo de marionetas titulado “Titiricircus” no auditorio A Fábrica, de Santa Cristina. É unha actividade organizada pola Editorial Xerais en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros, para alumnado de 1º e 2º curso de centros de ensino público deste concello.
“Un recordo ensoñador e festivo do gran circo de carpa alta e bicolor; a historia de dous vellos traballadores que recordan agora con marionetas as glorias do seu pasado na pista.
Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido do mundo, ... “
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
20:59
No hay comentarios:

Etiquetas:
Campaña de animación á lectura
Hora do conto: 22 ao 25 de marzo
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 22 de marzo
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos para escoitar bailando”
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 23 de marzo
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: " A lagoa das voces", "A ra que quería ser princesa"
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 23 de marzo
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos para tremer como un vimbio”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 24 de marzo
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “O gran dragón azul”, “O león de pedra”
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: ”Contos para ter en que pensar”
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 25 de marzo
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: "Contos para enlearse"
20/3/11
Encontro literario con Antón Cortizas na Biblioteca de Santa Cruz

Data: 21 de marzo (luns)
Hora: 12 do mediodía
En conmemoración do Día Mundial da Poesía realizaráse un encontro literario co escritor Antón Cortizas. Actividade dirixida ao alumnado de 6º de primaria do Colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.
Etiquetas:
Biblioteca de Santa Cruz,
Charlas e Conferencias
19/3/11
Tertulia literaria en Santa Cruz: 21 de marzo

Comentaráse a obra "O club da calceta" de María Reimóndez.
Obras de María Reimóndez nas nosas bibliotecas.
Obras de María Reimóndez nas nosas bibliotecas.
Etiquetas:
Biblioteca de Santa Cruz,
Tertulias Literarias
18/3/11
Recomendacións en Radioleiros
- Infantil (a partir de 11 anos):
"A filla do ladrón de bicicletas" de Teresa González Costa e ilustracións de Jacobo Fernández Serrano, editado por Xerais (Premio Merlín de literatura Infantil 2010)
A filla do ladrón de bicicletas conta a historia dunha nena chamada Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas e vive coa súa tía, dona Perfecta. Serafina quere ser equilibrista nun circo coa súa bicicleta, Celerífera, pero súa tía considera que andar en bicicleta non é elegante, senón que é unha extravagancia. Milo o amigo de Serafina e Elías (gran inventor e mecánico de bicicletas) terán que axudarlle porque pola vila corre un perigoso rumor. É unha obra divertida, chea de diálogos que combinan tenrura e humor e que nos presentan uns personaxes moi cercanos.
- Mozos-as e adultos-as:
"Grandes aventureras" de Alexandra Lapierre, en Blume.
Grandes aventureras é a biografía de trinta e unha mulleres, de diferentes nacionalidades, exploradoras de todo o mundo. Mulleres que decidiron viaxar, que abandonaron a súa casa e o seu país para coñecer outras terras e costumes, unhas que decidiron escribir e contar o que vían, outras que por amor abandonaron a súa pracenteira vida. Son moitas e moi diferentes, con distintos motivos e intereses. As grandes aventureiras son mulleres que querían ser xeógrafas, botánicas, etnólogas, antropólogas, etc. Libro de gran formato, con moitas ilustracións e fotografías de lectura amena é entretida.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
16/3/11
Ler para saber A CIENCIA: 18 de marzo
Aldara Dubre e Sergio Cabeza, do Colexio Público Valle-Inclán de Perillo, falarán sobre "Os músculos" previamente á charla “Soluble ou insoluble?” a cargo de Óscar Cabeza Gras, profesor da Universidade da Coruña, Departamento de Física, Área de Física Aplicada
Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
13:55
No hay comentarios:

Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Ler para Saber
Celebración do Día da Poesía (21 de marzo) na Biblioteca de Dorneda
“Dáme un verso"
Os-as usuarios-as terán que escribir un verso ou unha poesía que tanto pode ser copiada como da súa propia creación. Todos os versos aportados serán expostos en diferentes sitios da biblioteca. Realizarase ao longo de todo o mes de Marzo.
"Entendemos a poesía"
Partindo dunhas poesías que lles damos aos usuarios-as, teñen que lela e facer un debuxo alusivo ao tema do que trata. Con estes debuxos faremos unha exposición. Realizarase ao longo de todo o mes de Marzo.
“Exposición bibliográfica”
Selección de fondos para adultos e para o público infantil e xuvenil.
15/3/11
Taller de iniciación ao cómic na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Os obxectivos que se pretenden conseguir son que estes alumnos e alumnas aprendan diferentes técnicas (adaptadas á súa idade) para a realización dunha obra de banda deseñada, fomentar a creatividade e a imaxinación a través das actividades plásticas e promover a lectura de cómics e obras de banda deseñada.
Biblioteca de Montrove: Celebración do ano Cunqueiro
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
12:56
No hay comentarios:

Etiquetas:
Exposicións bibliográficas
Día da poesía na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé
Fondos expostos:
- BABARRO GONZÁLEZ, Xoán: Mouchiño Mou. Vigo: Galaxia, 2007 (X-P-G BAB mou).
- CAMPO, Marica: Sextinario: trinta e seis+tres. Santiago: Sotelo Blanco, 2008 (P-G CAM sex).
- CUNQUEIRO, Álvaro: Mar ao Norde. Cantiga Nova que se chama Riveira, Poemas do si e non. Poesías 1932-1933.Vigo: Galaxia, 2004.
- JIMÉNEZ, Juan Ramón: Verde Verderol. Zaragoza: Edelvives, 2006 (X-P JIM ver).
- MAYORALAS, Pilar e CAÑETE, Mónica (il): Os poemas da gata Florenta. Vigo: Do Cumio, 2007 (X-P-G MAY poe).
- PASCUAL CARBALLO, Alberto e OCAÑA MARTÍNEZ, José Antonio (il.): A neve do tempo. Vigo: Xerais, 2007 (P-G PAS nev).
- Poetas galegos do século XX: antoloxía. Culleredo: Espiral Maior, 2004 (P-G POE poe).
- RAMIREZ LOZANO, José Antonio e BLANCO, Riki (il.): Sopa de soño e outras receitas de cocociña. Pontevedra: Kalandraka, 2004 (X-P-G RAM sop).
- RUANO, Charo: Catalina lina luna. Salamanca: Amarú, 1993 (X-P RUA cat).
- Sonido y palabras=sons i paraules=hotsak eta hitzak=sons e palabras. Madrid: OEPLI, 2007 (X-P SON son).
14/3/11
Tertulia literaria en Rialeda: 16 de marzo (Grupo B)

Hora: de 17,30 a 19,30
Comentaráse a obra "Memorial del convento" de José Saramago
Documentación sobre a obra
Obras de José Saramago nas nosas bibliotecas
Hora do conto: do 14 ao 18 de marzo
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 14 de marzo
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS: “A ra da boca grande”, “A vaca que puxo un ovo”, “O segredo do rei Curro”, “Paco Trolas”
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 15 de marzo
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: " A lagoa das voces", "A ra que quería ser princesa"
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 16 de marzo
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “A velliña e a fada”, “A princesa e o campesiño”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 17 de marzo
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “Ire”, “O regalo”, “Un libro (conto francés)”
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: Vidas insólitas a través de: ”Bombástica naturalis”, “El insólito ascenso de Madame Pôl”, “Quasibolo”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 18 de marzo
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Mintes”, “Gobán, o carpinteiro”
Celebración do Ano Internacional da Química na Biblioteca de Lorbé
- CHISHOLM, Jane e JOHNSON, Mary: Introducción a la Química. Madrid: SM, 1986 (X-54 CHI int).
- GODMAN, Arthur: Diccionario ilustrado de la Química. Madrid: Everest, 1986 (54 GOD dic).
- JENNINGS, Terry: Química fácil. Madrid: SM, 1987 (X-54 JEN qui).
- LLANSANA, Jordi: Atlas básico de Física y Química. Barcelona: Parramón, 2003 (X-53 LLA atl).
- RODRÍGUEZ LÓPEZ, Álvaro: Química e medio ambiente. [s.l.]: Plana, 1994 (504-G ROD qui).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)