- Xuvenil (a partir de 12 anos):

Quen precisa unha avoa?, de Andrea Barreira Freije con ilustracións de María Montes.
Xerais.
Versión dixital en Galiciale.
Marta non ten avoa, o cal é un problema para desenvolver un traballo escolar. Conciliación familiar e necesidades das persoas maiores aparecen nesta novela chea de humor.
- Mocidade e persoas adultas:
El agente suizo: fuga de capitales en la España de Franco, de Enrique Faes Díaz.Galaxia Gutenberg.
A detención na Barcelona de 1958 de Georges Laurent Rivara, axente da banca suiza, é o comezo dunha historia financeiro política nun franquismo autárquico integrado por grupos de intereses diversos.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
















