31/3/23

Recomendacións en Radioleiros: 31 marzo 2023

Recomendacións en Radioleiros: 31 marzo 2023
"Rot ¡El más guapo del mundo!" de Ben Clanton- Infantil (menores de 6 anos):
"Rot ¡El más guapo del mundo!" de Ben Clanton. En Juventud.
Rot é unha pataca mutante e encántalle participar en xogos e competicións de todo tipo. Cando ve un cartel que di “Concurso: o máis guapo do mundo” vai correndo a anotarse. Nun primeiro momento Rot está seguro de que vai gañar pero cando ve aos demáis participantes perde a confianza en si mesma. Divertidísimo conto para ler en familia que nos convida a falar coas crianzas sobre a importancia de querernos tal e como somos, do canon de beleza e de que,  ás veces, gañar ou perder non ten que ver con unha-un mesma-o senón con quen nos xulga.
"Veleno de tinta impresa" de Xosé A. Neira Cruz
 - Xoves e persoas adultas:
 "Veleno de tinta impresa" de Xosé A. Neira Cruz. Editado por Xerais.
Elvira Morales é unha moza, nacida na Coruña a finais do século XIX, que toma a decisión de apostar polo seu soño de traballar como xornalista nunha época na que ese cometido está reservado para os homes. O recendo da tinta dos xornais cativa a Elvira ata o punto de que traballar na redacción vaise converter no seu principal obxectivo na vida. Novela curta que nos introduce na sociedade coruñesa de finais do século XIX e principios do XX e que, por riba de todo, é unha homenaxe ás pioneiras que abriron camiño no mundo do xornalismo. Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2019.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario