14/9/21

Día Internacional da Alfabetización: expo de libros sobre os dereitos das-dos nenas-os en Rialeda

Desde 1967, o 8 de setembro celébrase cada ano o Día Internacional da Alfabetización para recordar a súa importancia como factor de dignidade e de dereitos humanos e lograr avances na axenda de alfabetización para construírmos unha sociedade máis instruida e sostible. É moito o camiño andado mais aínda quedan grandes desafíos: 773 millóns de adultas-os no mundo non posúen, a día de hoxe, as competencias básicas en lectoescritura.
O Día Internacional da Alfabetización 2021 celébrase baixo o lema “Alfabetización para unha recuperación centrada nas persoas: reducir a fenda dixital”.

A crise provocada pola COVID-19 creou trastornos sen precedentes na aprendizaxe das-dos nenas-os, xoves e adultas-os. Acentuou as desigualdades xa existentes en canto ao acceso a oportunidades de alfabetización significativas, afectando de xeito desproporcionada aos 773 millóns de xoves e adultas-os non alfabetizadas-os.
Durante este periodo de crise mundial, fixéronse esforzos para atopar outros medios para garantir a continuidade pedagóxica, en particular mediante a aprendizaxe a distancia, conxuntamente coa modalidade presencial, pero este acceso ás oportunidades de alfabetización non quedou repartido de maneira proporcional.

A rapidez coa que se pasou a unha aprendizaxe en liña tamén deixou ao descuberto a fenda dixital preexistente relacionada coa conectividade, infraestrutura e capacidade para utilizar a tecnoloxía, así como as desigualdades que existen noutros servizos como é o acceso á enerxía eléctrica.
A pandemia lembrounos o papel que desemprega a alfabetización: permite que as persoas se emancipen e melloren as súas vidas proporcionándolles máis capacidades para escoller a maneira de vivir. É un factor de desenvolvemento sostible. A alfabetización é parte integrante da educación e a aprendizaxe ao longo de toda a vida basada no humanismo.

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) queremos celebrar este día cunha exposición bibliográfica sobre os dereitos das-dos nenas-os facendo fincapé no dereito á educación xa que a alfabetización é un piar esencial deste dereito e a volta ás aulas de centos de alumnas-os nestes días convídanos a lembrar este dereito fundamental.
 
Fonte: Unesco

No hay comentarios:

Publicar un comentario