6/5/16

Recomendacións en Radioleiros: 6 maio 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/41834172/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=407442&viewallitems=1- Infantil (de 6 a 8 anos):
Baía

Mostra as vivencias de Luv, un neno xordo que vive marxinado na cidade das Quintas na que todo está relacionado coa música. Luv medra convencido de que é invisible porque ninguén lle fai caso. Pero un día, sucede que alguén sí se fixa nel e Luv sente tanta vergoña que empeza a andar polas sombras, sempre de noite. O único que o facía sentir ben era chupar o zume das notas musicais. Tanto zume tomou que un bo día saliu da súa boca algo que ninguén antes  vira, algo sen o que hoxe a música sonaría dun xeito moi distinto… 

- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=fernandez+ferreiro&idx=ti&q=saga+afiador&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=&sort_by=relevanceA saga dun afiador, de Xosé Fernández Ferreiro

Trátase da historia de Xandón, un rapaz das montañas de Ourense que dende moi pequeno aprende o oficio de afiador das mans dun “vello mestre” que o trataba moi mal, a el aos outros pupilos. A familia de Xandón estaba dividida por unha riña do pasado entre os descendentes da súa avoa, Amadora, coñecidos como os Cuatrás e os descendentes da curmá de Amadora, chamada Carolina, os Cuadiante. Contaban na aldea que Amadora lle roubara o pretendiente a Carolina, motivo polo que as dúas familias nunca máis se volveran a dirixir a palabra.

Ao máis estilo Shakespeareano, os Capuleto e os Montesco, transfórmanse nos Cuatrás e Cuadiante e Romeo e Xulieta en Xan e Carolina. Pero claro, esto non é a Italia na Idade Media, senón unha Chaira de Ourense a principios do século XX.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario