Inscricións: www.ceida.org (prazas limitadas)
1/10/22
Xoves 6 de outubro ás 19 h. no Pazo de Lóngora: IV Xornada Mulleres relevantes na Reserva da Biosfera MceTM: "Fanny Garrido"
30/9/22
Recomendacións en Radioleiros: 30 setembro 2022
Novidades dvd cine - infantil e xuvenil - en Rialeda (out. - dec. 2022)
27/9/22
Reinicio: libros para a volta ao cole
26/9/22
Tertulias Literarias en Santa Cruz: inscrición a partir do 27 de setembro ás 10 h.
Como inscribirse:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (martes a xoves de 10 a 13,30 h.; luns a venres de 16 a 20 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10 a 14 h.).
38 prazas por orde de inscrición distrubuídas en 2 grupos de 19.
As/os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.
Datas de inicio:
- Grupo A: martes 11 outubro ás 17:30 h.
- Grupo B: martes 18 outubro ás 17:30 h.
A duración da actividade é de 90 minutos.
*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.
Poden inscribirse todas/os as/os maiores de 18 anos que desexen participar. As sesións celebranse quincenalmente. A actividade remata no mes de maio de 2023.
Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.
O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.
As programacións inclúen obras de autoras e autores da literatura galega, española e internacional.
23/9/22
Ler conta moito, Hora do conto e Obradoiros para público infantil: 26 a 30 de setembro 2022
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Papelarte"
MONITORADO: "Pedras de papel"
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
ESPECTÁCULO: “O traxe novo do rei”
CONTACONTOS: Tarabelos
CONTACONTOS: 1, 2, 3 o mago Pedro Bugarín
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Radio Bulebule”
CONTACONTOS: Paco Nogueiras
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “A orquestra de camarote”
CONTACONTOS: Solovoz
Reinicio: expo de lecturas para un novo outono
Imos iniciar este novo ciclo que é o de regreso.
Imos estrear o reinicio: expo de lecturas para un novo outono, no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Recomendacións en Radioleiros: 23 setembro 2022
"Sibila" de Rosa Aneiros. Editado por Xerais.
Sibila, unha neurocientífica duns corenta anos, decide voltar ao seu lugar de orixe, unha illa declarada "lugar gaia", ou sexa, de acceso restrinxido. Regresará de incógnito e agochada das autoridades para levar a cabo unha importante misión. A pouca veciñanza que alí vive, parece acollela con agarimo, pero tamén garda un segredo que terá que ocultar tanto de Sibila como dos vixiantes da illa.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
20/9/22
14 obradoiros para público infantil en Bibloleiros de setembro a decembro 2022!!!
Están dirixidos a público infantil a partir de 6 anos.
A hora de realización en todos será ás 17:30 h.
Debido a que o aforo é limitado é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha dos obradoiros. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización de cada un deles.
Observar, pensar, experimentar e crear, son os principios en que se van basear.
O monitorado que os impartirá forman parte dos equipos de: Ciencia Divertida, A Nube de Artear, Pedras de Papel, Heroes para a Ciencia e Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais, ademais tamén se contará co Mago Albert.
Destes obradoiros, uns son totalmente municipais e outros forman parte do programa Ler conta moito promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros, para dinamizar a lectura nas bibliotecas públicas.
Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais.
16/9/22
Ler conta moito, Hora do conto e Obradoiros para público infantil: 19 a 23 de setembro 2022
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “O tesouro”
CONTACONTOS: Trécola Producións
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Robótica educativa. Creatividade inspiradora”
MONITORADO: A Nube de Artear
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
ESPECTÁCULO: “1º Galicia ilusiona coa maxia”
CONTACONTOS: 1, 2, 3 o mago Pedro Bugarín
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Diferentes diferenzas”
CONTACONTOS: Dezdedez
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “A óptica das ilusións”
CONTACONTOS: David Méndez
Recomendacións en Radioleiros: 16 setembro 2022
13/9/22
Ler conta moito e a Hora do conto en Bibloleiros (setembro-decembro 2022)
Unha tempada máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos de 2 a 5 anos e a partir de 6 anos. A hora de realización de todas será ás 18:30 h. Nos meses de setembro a decembro, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 38 sesións de diferentes actividades infantís, como contacontos, concertos de música, sesións de maxia, etc., para fomentar á lectura e animar a que os nenos e nenas visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Estas actividades realizaranse a través de narración ou dramatización dunha ou varias historias, pero tamén haberá música, maxia e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. Todos os actos terán un enfoque lúdico, fomentando a imaxinación e a creatividade, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de ilusión e fantasía. Debido a que o aforo é limitado é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización. Contarase con Compañías como Trémola Teatro, Trinke Trinke, A Xanela do Maxín, Trécola Producións, Dezdedez, Bandullo Azul, Pinconús Teatro ou Tarabelos. Contadores/ras como Iván Davila, Lía Magalia, Raquel Galavís, O Maquinista ou David Méndez. Artistas como Pablo Díaz, Antón Ke, Paco Nogueiras, Solovoz ou Xoan Curiel. Magos/as como Leo Leíño e Pedro Bugarín. Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros, pero tamén se planificaron outras exclusivamente municipais para completar a programación destes meses. Os obxectivos que se intentan conseguir son fomentar a lectura a través do pracer e o gusto por esta, que se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito e promover o descubrimento da diversidade dos libros. Preténdese introducir as nenas e os nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, para que vexan que tamén se divirten e pasan momentos agradables cos libros. Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais e nesta ligazón.Querida Saleta, sempre estarás nos nosos corazóns!
Desexan destacar a súa vinculación coas bibliotecas de Oleiros debido á homenaxe que o Concello realizou, o 19 de febreiro de 2005, ao escritor Manuel María, ao que asistíu Saleta, acto no que se denominou á biblioteca que sirve ás-aos habitantes da parroquia de Oleiros como Biblioteca Pública Municipal Manuel María, pero tamén pola sempre disposta e aberta colaboración do autor con diferentes actividades de promoción da lectura e encontros literarios promovidos polas bibliotecas, aos que a maioría das veces acudíu acompañado da súa compañeira. Saleta e Manuel María compartiron 45 anos de vida e de intensa actividade cultural. Clica na ligazón para coñecer as obras de Manuel María nas Bibliotecas Municipais de Oleiros. A terra faise en tí,
Saleta, sotileza,
chama apaixonada
e transparente,
levidade de neve,
torrente e forza
de seiva poderosa,
música de vento
entre abelairas,
raio máxico de lua,
murmurio de regueiro,
flor de cerdeira
ou pinga de orballo
emocionada, tremando
sobor do pálido rubor
da rosa namorada.
Manuel María: Os lonxes do solpor (1993)
12/9/22
En lembranza de Javier Marías
O Concello de Oleiros, e en especial o persoal das bibliotecasmunicipais, mostra a súa tristeza polo falecemento do escritor Javier Marías e manifestan as súas condolencias pola desaparición deste magnífico autor.
Desexan destacar a gran calidade da súa produción literaria, sendo considerado como o mellor escritor español das últimas décadas, con obras tan importantes como Los enamoramientos coa que rexeitou o premio Nacional de Narrativa en 2012, Corazón tan blanco pola que recibiu o premio da Crítica en 1993, que tamén lle entregaron por Berta Isla en 2018, con El hombre sentimental outorgáronlle o premio Herralde no 2000, con Todas las almas o premio Ciudad de Barcelona e foi finalista do Medicis. Outras das súas obras foron: Mañana en la batalla piensa en mí, Tu rostro mañana, Negra espalda del tiempo, Así empieza lo malo, a súa primeira obra publicada Los dominios del lobo, ou o seu último libro ¿Será buena persona el cocinero? que é unha recompilación das columnas que publicou entre 2019 e 2021 en El País Semanal. A súa última novela foi Tomás Nevinson coa que recuperou ao espía protagonista de Berta isla. Simultaneou a escritura coa docencia na Universidad Complutense e a tradución. En 1979, a súa versión de Tristam Shandy, de Laurence Sterne, recibiu o Premio Nacional.
Tamén contou con galardóns tan importantes como o Rómulo Gallegos, o primeiro autor non americano en recibir este premio, o de Literatura Europea, o Nelly Sachs e o último gran novelista español nomeado para o Premio Nobel de Literatura. Javier Marías coincidiu coa coordinadora das bibliotecas municipais de Oleiros na entrega dos Premios Liber, o 5 de setembro de 2017, concedidos pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE). El recibiu o Premio Liber 2017 ao autor hispanoamericano máis destacado “pola súa aportación á modernización da novela en español e pola natureza cosmopolita da súa obra literaria, como así o demostran as numerosas traducións ás principais linguas do mundo”. Nese mesmo acto, o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros recibiu o Premio ao Fomento da Lectura en bibliotecas abertas ao público.
Clica nesta ligazón para coñecer os títulos de Javier Marías que podes levar en préstamo das bibliotecas municipais de Oleiros. No vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) podes contemplar a expo bibliográfica que lle dedicamos.
Sempre o lembraremos a través da súa excelente produción literaria.
9/9/22
Recomendacións en Radioleiros: 9 de setembro 2022
"O libro das avoas" de Xosé A. Perozo; ilustracións, María Lires. En Galaxia.
Perozo tráenos este agasallo que celebra a todas as avoas con textos breves, dinámicos, imaxinativos e de gran valor estético e lúdico que casa perfectamente co traballo de María Lires.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

















