31/10/25

Recomendacións en Radioleiros: 31 outubro 2025

- Infantil (a partir de 6 anos):

O hotel cerebro
, de Marja Baseler e Annemarie Van Den Brink con ilustracións de Tjarko Van Der Pol.
Hércules de Ediciones.

Un libro cunhas delicadas ilustracións cheas de detalles co que as nenas e os nenos divertiranse aprendendo como funciona o cerebro e como podemos coidalo para mantelo en excelente forma.

- Mocidade e persoas adultas:

Son coma glaciares os barcos de aceiro, de Cynthia Menéndez
Galaxia.

Cynthia Menéndez narra, cunha voz tremendamente poética, os recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical no Vigo industrial de finais dos anos noventa.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Libros de arrepíos: expo de historias monstruosas para o Samaín en Rialeda!!!

 Libros de arrepíos: expo de historias monstruosas para o Samaín en Rialeda!!!

Libros de arrepíos: aos costumes tradicionais do Samaín (tallar cabazas ou calacús, celebrar magostos e comer castañas, facer colares de zonchos, etc.) súmalle esta suxestión de aterrecedoras lecturas para a rapazada de 6 anos en adiante na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

27/10/25

Día das Bibliotecas 2025 en Bibloleiros

Día das Bibliotecas 2025 en Bibloleiros
Desde 1997, cada 24 de outubro, se celebra o Día das Bibliotecas, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. A partir de 2019, o Ministerio de Cultura incorporou o lema “Aptas para todos os públicos”.
O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas de calquera tipo (municipais, escolares, universitarias, etc) na loita contra a desinformación.
As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos (coleccións bibliográficas e prensa, bases de datos) se non tamén a través dun uso axeitado das tecnoloxías da información. Sobre todo, as bibliotecas son un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal bibliotecario, que traballa como mediador do coñecemento, guiando ás-aos usuarias-os na busca de información en fontes fiables e contrastadas.

As-os profesionais da información levan desenvolvendo desde hai tempo labores de infomediación, intervención que é agora máis necesaria que nunca. As bibliotecas como servizos e axentes da comunidade, debemos constituír un elemento facilitador neste proceso: reubicando e redefinindo as novas alfabetizacións mediáticas, fomentando o pensamento crítico e convertíndonos nun elemento clave no noso papel de defensa da sociedade no que respecta ao debate das posverdades e trolas, que comeza a estar na axenda política de organismos e gobernos. A viralidade e inmediatez coa que a información circula polas redes, forza a comportamentos rápidos no seu consumo e difusión. Moitas-os internautas non van máis aló do resume da noticia en redes, sen verificar o contido xeral da noticia que moitas veces ten pouco que ver co seu rechamante titular.

Á programación habitual das Bibliotecas Municipais de Oleiros (Tertulias literarias, Hora do conto, Exposicións bibliográficas, etc) queremos xuntar para este día a proposta de Lecturas Sorpresa: este ano escollemos a ficción literaria como canle axeitada para comprendermos realidades, conflitos e desencontros, históricos ou contemporáneos. Suxerimos citas a cegas con novelas que nos presentan dúbidas, debates e cuestións candentes, intoxicadas, moitas veces, con posverdades, noticias falsas, trolas e desinformación. Novelas cun aquel especial, escollidas para ti. Como ben dixo Amos Oz, "se les unha novela, consegues unha entrada aos pasadizos máis secretos doutro país e doutro pobo. A lectura dunha novela é un convite a visitar as casas doutras persoas e a coñecer as súas estancias máis íntimas". Podes participar nesta actividade na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Feliz Día das Bibliotecas 2025!!!

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (27 a 29 outubro 2025)


 Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 27 de outubro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "La vida de las mujeres" de Alice Munro.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Ojos azules" de Toni Morrison.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 28 de outubro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 29 de outubro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El barón rampante" de Italo Calvino.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La soledad de los números primos" de Paolo Giordano.