15/11/24

Hora do conto e Ler conta moito: 20 a 22 de novembro 2024

Hora do conto e Ler conta moito: 20 a 22 de novembro 202
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Mércores 20 de novembro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Coas mans na masa”
MONITORADO: OQO

Xoves 21 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Sabela e o paxaro máxico”
CONTACONTOS: Tarabelos


Xoves 21 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “O caracol namorado”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Venres 22 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Bos días, Leo”
CONTACONTOS: Trémola Teatro
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 15 novembro 2024

- Infantil (a partir de 8 anos):

Trala pisada dos dinosauros. Texto de Susana Peix, Jordi Fenosa. Ilustracións de Silvia Álvarez.
Cumio

Unha fermosa historia que fala da amizade entre dous animais: un roedor e un bebé de braquiosauro.

Todo comezou un día de primavera, cando os réptiles dominaban a Terra, hai miles de anos. Unha manda de braquiosauros decidiron abandonar o lugar onde vivían e marchar cara ao sur deixando abandonado, sen querer, un dos seus ovos. Alí dentro estaba Pat, unha pequena braquiosauro. Ao nacer atopouse con Oti, un roedor que andaba buscando algo que comer.
Pat ao decatarse de que estaba soa e abandonada, empezou a chorar desconsolada, pero Oti ofreceuse a axudala...


Ten unhas fermosas ilustracións coloristas e figurativas, que transmiten as emocións e a sensibilidade a través do ambiente e o uso da cor. Presenta valores como a solidariedade, a amizade e a perseveranza.

- Mocidade e persoas adultas:


Sonora. Chus Pato.
Xerais

Versión dixital en Galiciale. Premio Nacional de Poesía 2024

Un poemario que establece unha conversa entre o poema e a morte, pero tamén sobre a orfandade materna.

O xurado do Premio Nacional de Poesía destacou que é “unha obra experimental, unha expansiva e concentrada conversación entre o poema e a morte, aquela que, tras a orfandade da nai, arrastra aos lectores aos abismos da propia liñaxe”. Así mesmo, sinalaron que “crea espazos textuais repletos de fugas: retóricas, semánticas, capaces de hibridar distintos códigos nos que se desprega toda a súa inextinguible potencia sonora”.

Destacan que Chus Pato é “unha das máis audaces poetas contemporáneas e mostra o enfoque da poesía como elemento transformador da linguaxe”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/11/24

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (11 a 13 novembro 2024)

 
- Luns 11 de novembro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño.
Modera: Rosa García Vilariño.
Ao remate entregaráse a obra "Ancho mar de los Sargazos" de Jean Rhys.

- Martes 12 de novembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.
Ao remate entregaráse a obra "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda.

- Mércores 13 de novembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "No te veré morir" de Antonio Muñoz Molina.
Ao remate entregaráse a obra "Sostiene Pereira" de Antonio Tabucchi.