No
Teatro As Torres (Santa Cruz), o
xoves 18 de novembro, ás
20:00 horas, terá lugar a
presentación do libro "La aldaba del verano" de
Paris Joel.
O autor estará acompañado do editor
Joan Gonper.
O acto finalizará con música a cargo do cantautor
César de Centi.
"La aldaba del verano" é un poemario, publicado pola
editorial Celya, que expresa sensacións e sentimentos universais como o amor, a morte, a vellez, o destino..., nun marco temporal definido: o fin da primavera e o comezo do verán. Nel existen referencias á natureza e á climatoloxía como marco concreto para transmitir desasosego, placidez ou, nalgúns casos, unha invitación á reflexión.
Son 49 poemas de rima libre, escritos en primeira persoa, que relatan sentimentos e vivencias reais do autor. Desfrutádeos.
Paris Joel é poeta e cantautor. Desde hai máis de vintecinco anos traballa como locutor e técnico de son na emisora municipal
Radio Oleiros. Licenciado en Historia pola UNED, técnico especialista en operacións de imaxe e son pola Escola de Imaxe e Son da Coruña.
Escribiu os poemarios "
Dictados para un salvamento emocional" e "La aldaba del verano", ademáis do epílogo do libro "Los cuerpos lejanos" do poeta e pai de Ismael Serrano, Rodolfo Serrano.
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido para que gocen coa palabra e coa música.