Mostrando entradas con la etiqueta Libro electrónico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libro electrónico. Mostrar todas las entradas

2/2/21

EBIBLIODACORUNA segue aberta a toda Galicia!

EBIBLIODACORUNA é a plataforma  gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña ou da Deputación. EBIBLIODACORUNA é a biblioteca dixital para todas as persoas da provincia da Coruña, pero como medida excepcional en tempos da COVID-19, está aberta a toda Galicia!!!
Podes darte de alta enviando a solicitude cuberta a biblioteca.info@dacoruna.gal
Terás acceso libre á biblioteca dixital EbiblioDaCoruna, con máis de 5000 recursos de balde (libros, xornais, revistas, audiolibros), así como a todas as actividades do Club de lectura virtual.
Se precisas formación sobre o seu funcionamento, solicita unha cita previa en https://cita.dacoruna.gal/citaprevia/?idCliente=8 e poderás resolver as túas dúbidas. 
 
Aproveita os recursos dixitais que nos ofrece a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña!
Moitas grazas por compartir os vosos recursos!

26/8/14

Préstamo de Lectores Electrónicos (e-readers) nas bibliotecas de Perillo, Oleiros, Dorneda, Nós, Montrove e Mera

Ofrecemos este servizo a todas/os as/os socias/os maiores de 14 anos.

Modelos dispoñibles en Rialeda (Perillo):
- Mibuk Wolder Essential (máis de 1000 títulos libres de dereitos de autor)
- Cervantes Touch Light (inclúe 18 títulos con licencia)

Modelo dispoñible en Oleiros, Dorneda, Nós, Montrove e Mera:
Mibuk Wolder Essential (máis de 1000 títulos libres de dereitos de autor)

O préstamo ten unha duración de 1 mes, sendo posible utilizalo igualmente na biblioteca.
Máis información no teléfono 981 639 511.


26/5/14

O Dereito a ler en formato electrónico (petición)

Nun momento no que os avances tecnolóxicos deberían extender o acceso á riqueza do coñecemento humano, non se permite ás bibliotecas a adquisición de información electrónica en termos razonables.

65000 bibliotecas e 100 millóns de usuarios/as dirixímonos á Comisión da Unión Europea e aos gobernos dos Estados Europeos para solicitar un marco claro legal Europeo respecto dos dereitos de autor/a, que cumpra con este propósito e que permita ás bibliotecas mercar e prestar libros electrónicos, asegurando o acceso libre á información para ás/os cidadáns e que garanta o dereito a "Ler en electrónico" a través das bibliotecas.

Pedimos:

- Facilitar ás/aos usuarias/os das nosas bibliotecas os últimos libros electrónicos, tal como se ven facendo cos libros impresos.

- Adquirir libros electrónicos a prezos xustos e en termos razonables.

- Que todas/os as/os cidadás/ns, non só as/os que o poidan pagar, poidan beneficiarse do aceso gratuito aos libros electrónicos nas bibliotecas.

- Que as/os autoras/es reciban unha remuneración xusta polo préstamo dos libros electrónicos ao público.

Defende o teu dereito asinando aquí.