6/6/25

Recomendacións en Radioleiros: 6 xuño 2025

Recomendacións en Radioleiros: 6 xuño 2025"Mientras duermes" de Rebecca June, ilustrado por Quim Torres- Infantil (a partir de 4 anos):
"Mientras duermes" de Rebecca June, ilustrado por Quim Torres. Editado por Zahorí.

Un libro informativo para as crianzas que explica de forma moi clara e sinxela por que precisamos descansar e que pasa mentres durmimos.

- Mocidade e público adulto:
"Heartstopper: dos chicos juntos" de Alice Oseman. En Crossbooks.

Primeiro volume da serie Heartstopper na que Charlie e Nick, dous mozos de secundaria que estudan no mesmo colexio, coñécense e namoran. Un romance realista, en banda deseñada, de contido LGTBIQ+ 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/6/25

#SenContaminaciónPorPlásticos: expo para conmemorar o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente

#SenContaminaciónPorPlásticos: expo para conmemorar o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente
O Día Mundial do Medio Ambiente estableceuno a Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 e está dirixido polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). Milleiros de persoas ao redor do mundo súmanse a participar de xeito virtual e presencial en actividades, eventos e todo tipo de iniciativas. 

Corea do Sur será a anfitrioa do Día Mundial do Medio Ambiente 2025, que se centrará na loita contra a contaminación por plásticos. Este evento, que se celebra anualmente o 5 de xuño, vaise celebrar na provincia de Jeju e ten como obxectivo promover solucións para reducir a contaminación plástica no mundo. Os seres humanos producimos máis de 430 millóns de toneladas deste tipo de produtos ao ano, dous terzos dos cales se convirten en lixo que invaden os océanos e, en moitos casos chegan á cadea alimentaria humana.

Bibloleiros únese a estas accións ofrécendoche os seus fondos bibliográficos relacionados coa problemática dos plásticos, a destrución de hábitats protexidos, o cambio climático e a protección do noso entorno natural. Goza da expo bibliográfica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo): libros para crianzas e público adulto, de ficción e informativos para combatir a desinformación e coidar o planeta Terra.

1/6/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (2 a 4 xuño 2025)


 Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 2 de xuño.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Los reyes de la casa", de Delphine de Vigan.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red].
Documentación.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 3 de xuño.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Nada" de Carmen Laforet.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red]
Documentación.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 4 de xuño.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Canción dulce" de Leila Slimani.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red]
Documentación.

Con estas sesións finaliza a tempada para os tres grupos citados. 

Agradecemos a fidelidade de todas as participantes xunto co bo facer das moderadoras Silvia Salgado, Rosa García Vilariño e Pepe Taboada.