19/12/25

Recomendacións en Radioleiros: 19 decembro 2025

"Daniel y los niños de otras religiones" de María Martín Schcolnik; ilustrado por Sandra de la PradaRecomendacións en Radioleiros: 19 decembro 2025- Infantil (a partir de 4 anos):
"Daniel y los niños de otras religiones" de María Martín Schcolnik; ilustrado por Sandra de la Prada. En SM.

Achégase o Nadal e Daniel fala coa súa nai de que na súa clase hai nenas e nenos que son doutras relixións e teñen tradicións diferentes. Un conto sobre a riqueza das diferentes culturas e tradicións para crianzas.
"As bocas cosidas" de Marilar Aleixandre
- Mocidade e público adulto:
"As bocas cosidas" de Marilar Aleixandre. Galaxia

Marilar Aleixandre aborda, nesta novela, as feridas herdadas e colectivas da Guerra Civil reconstruíndo a historia de Antonio G., un familiar seu, guerrilleiro e comunista, soterrado nunha foxa común en Valencia en 1947.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/12/25

Benvindo, inverno! Ola, Nadal!

Benvindo, inverno! Ola, Nadal!

Benvindo, inverno! Ola, Nadal!
é unha colección de libros tecidos coas historias máis agarimosas de Nadal. 

Arróupate cos contos, amántate entre as páxinas destas suxestións invernais!

Para a cativada de 0 a 14 anos.

Visita a expo na sala infantil da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e lévate estas abrigosas lecturas en préstamo.


Boas festas!!!

15/12/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (15 a 18 decembro 2025)

 

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 15 de decembro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Feliz idade" de Olga Novo.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 16 de decembro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.
Documentación.
Ao remate entregaráse "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 16 de decembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El túnel" de Ernesto Sábato.
Documentación.
Ao remate entregaráse a proposta literario-artística "Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane: unha narrativa visual".

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 17 de decembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Océano mar" de Alessandro Baricco.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 18 de decembro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Un mundo feliz" de Aldous Huxley.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].