Así voa o tempo. Cúmprense 25 anos da posta en marcha dos Clubs de Lectura e Tertulias Literarias na Biblioteca Central Rialeda. Ao longo de dúas décadas e media foise creando non só un espazo de ocio e cultura senon tamén un punto de encontro entre amigas e amigos cunha paixón e desfrute común: a literatura.
Mención especial para
Cecilia Monllor, benquerida moderadora desde os inicios, profesional sen a cal a actividade non tería acadado o éxito, lonxevidade e a fidelidade de tantas e tantos participantes ao longo dos anos.
Moitas grazas, Cecilia!Máis recente, desde 2014,
Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas, pon a súa ampla experiencia e agarimo na selección e moderación das lecturas en lingua galega.
Parabéns, Rosa!
E como non, o máis importante,
o fío tecedor da actividade, as ducias e ducias de participantes cuxa paixón polos libros foi artellando este fermoso camiño que continúa na actualidade.
Unha aperta moi grande para todas e todos! Grazas mil.Para conmemorar o aniversario, presentamos un
programa de visitas destinado a todas as persoas que participen ou teñan participado na Tertulia de Rialeda (imprescindible inscrición previa na biblioteca):9:30 h. Punto de encontro:
Biblioteca Central Rialeda.9:50 h. Traslado en autobús ao Castelo de Santa Cruz.
10:15 a 11 h. Visita ao Castelo de Santa Cruz. Breve explicación sobre a historia do castelo por Carmen Borobio. Panorámica da exposición:
Obxectomanía, unha historia singular do coleccionismo, por Xoán Fontaíña.
Os castelos na literatura, por
Silvia Salgado.
11 h. Saída do Castelo.
11:10 h. Traslado en autobús ao Pazo de Xaz.
11:30 a 12:20 h. Visita ao Pazo de Xaz.
Xaz, pazo e casa grande: Manuel Pardo de Andrade, intelectual liberal ilustrado, por Rosa García Vilariño.
Vida, pazos e literatura: unha fascinación, por
Silvia Salgado.
A orella dereita de Antón de Leiva, adaptación dun relato da obra "
Os outros feirantes" de
Álvaro Cunqueiro por
Ramiro Neira (Artestudio Teatro)
12:20 h. Traslado en autobús ao Pazo do Río.
12:35 a 13:35 h. Visita ao Pazo do Río. Semblanza literaria dos 25 anos dos clubs de lectura, por
Cecilia Monllor-Martínez.
Lembranza literaria galega, por Rosa García Vilariño.
O paraíso perdido, María Casares en Galicia, pola actriz
Isabel Martínez-Risco.
Concerto para frauta, a cargo de
Claudia Walker Moore.
13:35 h. Remate do Roteiro. Traslado en autobús á
Biblioteca Central Rialeda.