2/1/26

Recomendacións en Radioleiros: 2 xaneiro 2026

- Infantil (a partir de 6 anos):

A panadería
, de Lucía Belarte con ilustracións de David Lorenzo.
Kalandraka.

Unha historia de solidariedade na figura dunha familia de panadeiros. Mensaxe para crianzas a partir de seis anos acompañada de boas ilustracións.

- Mocidade e persoas adultas:

Los náufragos del Wager, de David Grann.
Random House.

Relato naval dunha expedición inglesa do 1742 que chegou ás costas do Brasil despois de padecer múltiples calamidades.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/12/25

"Lecturas baixo a árbore": recomendacións literarias de Silvia Salgado

 

Silvia Salgado coordina os clubs de lectura das bibliotecas municipais de Oleiros, dirixe talleres de escritura creativa, colabora no Podcast "Érase una Red" e como columnista en El Ideal Gallego.

Algunhas das súas obras publicadas son: Verde en el tejado, Mientras hilan las mariposas, La aldea, El intermedio que somos e Si te vuelves invierno.