Mostrando entradas con la etiqueta Exposicións filmográficas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exposicións filmográficas. Mostrar todas las entradas

9/1/24

Argallante, enxeñoso, descortés: centenario do nacemento do novelista, dramaturgo e xornalista Truman Capote (1924-2024)

Argallante, enxeñoso, descortés: centenario do nacemento do novelista, dramaturgo e xornalista Truman Capote (1924-2024)
Son incontables os epítetos que designan a vida e a obra do escritor norteamericano Truman Capote, do que se cumpre neste 2024 o centenario do seu nacemento. Un dos líderes do novo xornalismo, sobre todo tras publicar In Cold Blood (A sangue frío), deixou un enorme legado literario en forma de artigos, entrevistas, reportaxes, contos, libros de viaxes, retratos de personaxes célebres, adaptacións teatrais, un musical, varios guións cinematográficos e dúas novelas. As súas obras foron adaptadas a máis de 20 películas e series de televisión. Habitual de eventos, festas e programas da pequena pantalla, convertíuse nun personaxe de gran popularidade. A súa vida inspirou dúas películas, "Historia de un crimen" e "Truman Capote".

A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofréceche unha exposición de libros e fitas cinematográficas para conmemorar o centenario do seu nacemento. 

28/6/22

“Películas con orgullo”, expo audiovisual na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

Os disturbios de Stonewall supuxeron un antes e un despois na loita polos 
dereitos da comunidade LGTBIQ+.  A madrugada do 28 de xuño de 1969, o que comezou como unha redada policial rematou por convertirse nun movemento que mobilizou a milleiros de persoas que, por medo, permaneceran agochadas durante anos.
Desde a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz), unímonos a esta celebración pola diversidade sexual e seleccionamos unha pequena serie de películas relacionadas coa temática LGTBIQ+ 
Eis os títulos que podes levar en préstamo: 
 

30/12/21

Recomendacións de Nadal 2021: 246 suxestións para todas as idades

  
 
Ofrecemos 3 guías con propostas para levar en préstamo neste Nadal. 
Achégate a calquera das 7 bibliotecas municipais e descubre a mellor historia.

Lecturas, imaxes e sons para compartir e gozar.

Desde as Bibliotecas Municipais desexámosche bo nadal e todo o mellor para o ano 2022!!!
 

23/7/21

Segue a frecha: expo de libros e películas que te levarán a Compostela, en Rialeda

Este 2021 é ano xubilar e iso significa que miles de persoas farán o seu particular Camiño de Santiago. Un ano xacobeo diferente e "expandido" a 2022 por mor da pandemia vírica. Cada quen se botará aos camiños para convertir esta experiencia nunha vivencia propia e moi persoal. 

A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) proponche un itinerario literario polo Camiño e polas rúas da cidade compostelá. Case cincuenta libros e películas ambientadas no entorno máxico dun percorrido e dunha meta: unha cidade que se convirte en teatro de variadas personaxes literarias e escenografía perfecta para os argumentos de novelas como as de Suso de Toro, Marilar Aleixandre, Henri Vincenot, Marcos S. Calveiro, Matilde Asensi, Carlos Casares, Ulrike Schweikert, Blanca Riestra e moitas-os outras-os. 

Fai connosco o camiño literario de Santiago e segue a frecha que te conduce a unha Compostela de novela e de película! 

2/7/21

Películas con orgullo na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

Os disturbios de Stonewall supuxeron un antes e un despois na loita polos dereitos da comunidade LGTBIQ+. A madrugada do 28 de xuño de 1969, o que comezou como unha redada policial rematou por convertirse nun movemento que mobilizou a milleiros de persoas que, por medo, permaneceran escondidas durante anos.

Desde a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) unímonos a esta celebración pola diversidade sexual recomendando unha pequena selección de películas relacionadas coa temática LGTBIQ+


21/7/20

Grazas pola túa literatura, Marsé!

Indomable, insubornable, cinéfilo empedernido, o mellor autor que contou Barcelona... Son algúns dos epítetos que estes días os medios de comunicación lle adican a Juan Marsé con motivo do seu pasamento. A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofrece ás-aos súas-seus lectoras-es unha expo cos libros e as adaptacións cinematográficas que temos nos nosos fondos para reler ao que foi Premio Cervantes en 2008.
"Parece un argumento dunha das súas novelas pero Juan Marsé naceu en Barcelona o 8 de xaneiro de 1933 como Juan Faneca Roca. A súa nai morreu no parto, e deixou ao taxista Faneca só coa súa filla pequena e o recén chegado. No decurso dunha das súas carreiras coincidíu co matrimonio Marsé, unha parella nova que lamentaba non ter fillos: o futuro novelista foi adoptado ás poucas semanas do seu nacemento, e pasou así a chamarse Juan Marsé i Carbó. Pasou os anos de infancia como un mal estudante que a menudo prefería correr polas rúas de Gràcia, o Guinardó e a montaña do Carmel antes que ir á escola. Estas paisaxes acabarían convertidas nos seus escenarios literarios, e agora a biblioteca do barrio do Carmel leva o seu nome, para homenaxear así ao escritor que puxo a Montaña Pelada no mapa literario de Barcelona, cos seus personaxes como o emblemático "Pijoaparte" de "Últimas tardes con Teresa".

13/12/19

Recomendacións de Nadal 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-31406.pdf
 

Animamos á súa lectura, audición ou visionado
e desexamos lembrar que tamén poden ser un bo agasallo.

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade para o vindeiro ano 2020. 

12/11/19

:terrabrava - historias (visuais) do local: selección de películas en Rialeda

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=7647&sortfield=
 
Historias do microcosmos, do local proxectado no universal, coa súa teluricidade e raigame. Enerxías, sinerxias e inercias do máis intimo, máis cercano e indómito. 
Unha selección de películas inspiradas nas forzas e caracteres que imprime a terra e nos seus claroscuros. 

12/2/19

Feliz ano do cocho! Expo de libros e pelis de China

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=6039&sortfield=
O 5 de febreiro un terzo da humanidade celebrou o cambio de ano. Unha festividade que congregou a tan importante número de persoas para celebrar o ano do porco, o décimo segundo no ciclo do horóscopo chinés. 
Imos fixar a nosa mirada no país oriental cunha expo (no vestíbulo de Rialeda) de novelas, ensaios e películas do país que inaugurou o ano do porco de 4717. 
Achégate a China e goza coa lectura de Mo Yan ou Gao Xingjian e as películas de Zhang Yimou ou Kaige Chen
Gongxi, feliz ano do cocho!