12/6/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 12 de xuño:



Infantil-xuvenil:
"Charles Darwin: descubre o mundo de Darwin a través do diario do grumete do Beagle" de Alan Gibbons. Baía Edicións.





"El viaje de la evolución: (el joven Darwin)" de Vicente Muñoz Puelles.

Editado por Anaya.



Mozos/as e adultos/as:

"Hacia los confines del mundo" de Harry Thompson. Editado por Salamandra .




Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/6/09

Ler para saber: 12 de xuño

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 18:30
Dirixido a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
"Obradoiro de xogos matemáticos"
Charla de divulgación científica a cargo de Manuel Pazos Crespo.
Seleccionamos para ti libros recomendados para esta charla científica.

9/6/09

Remate Tempada Tertulias Literarias

Data: mércores 10 de xuño.
Hora: 20 h.

Un ano máis, e chegados a este punto, a Biblioteca Central Rialeda agradece a todos e todas as participantes nas Tertulias Literarias non só a vosa participación, senón tamén o entusiasmo e interés amosado ao longo destes 9 meses de compaña literaria.

Como dí o verso "... el camino se hace al andar" e neste longo camiño de máis de 10 anos, o éxito da actividade non sería tal sen o compromiso e cariño co que sempre a acollestes.

A xeito de colofón, a Biblioteca comprácese en invitar a todas e todos os participantes na actividade desta tempada a un pequeno refrixerio no lugar habitual de celebración da mesma.