21/8/15

Recomendacións en Radioleiros: 21 de agosto

http://www.ipernity.com/doc/284673/39395534/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=98726- Xuvenil (maiores de 12 anos):

Violeta tamurana, de Andrea Maceiras
Baía

A illa de Tamurana é a única do Arquipélago Perdido na que florecen as tamuras, frondosas plantas que inundan coa súa cor violeta o ceo e a pel dos habitantes da illa.

Pao, mozo protagonista que descubrirá que para salvar a illa debe arriscar a súa vida e traspasar a Barreira de Cristal que os separa das terras dos Luminosos, os homes-invasores de distinta cor que están a talar as tamuras para usar a madeira e o líquido que corre polos seus xigantescos talos con non se sabe qué fin. A narración é toda unha metáfora sobre a igualdade, o racismo, o medioambente, as relacións interxeneracionais e a procura de respostas


- Mozos/as e adultos/as:

Una vida de gestos, de Chang-Rae Lee
Anagrama

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=9637Na súa primeira parte introdúcenos na vida de Franklin “Doc” Hata, que rexenta un establecemento de material médico e ortopédico nunha pequena cidade de provincias do estado de Nova York, e posúe a vida dun cidadán modélico, porque el se esforzou sempre en que fora así, resultado desa actitude e que toda a xente tenlle un respecto especial e acode a el consultándolle coma se fora médico.

A medida que a súa filla adoptiva Sunny crece, xorden certas dificultades de relación con ela, o que leva ao tranquilo Hata a conectarse con vellos recordos que son os que condicionan a súa forma de ser, que son a causa de que non sexa capaz de canalizar a súa bondade e xenerosidade naturais para manter cerca aos seus seres máis queridos.

Estes demonios do pasado, que coñecemos na terceira parte da novela revélannos un Franklin Hata, que non sempre foi “Doc” Hata, senón que nalgún momento da súa vida foi Ziro Kurobata, pertencente á minoría coreana de Xapón, que na Segunda Guerra Mundial foi destinado a gardar un prostíbulo, as denominadas  “casas del consuelo”, onde mozas coreanas eran convertidas en escravas sexuais para pracer dos soldados do exército imperial xaponés.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/8/15

Rafael Chirbes 1949-2015: unha homenaxe

Na Biblioteca Central Rialeda homenaxeamos ao recentemente falecido Rafael Chirbes cunha escolma de obras que poderás atopar no vestíbulo da biblioteca. O valenciano Rafael Chirbes foi Premio Nacional de Narrativa e Premio da Critica de Narrativa en castelán no ano 2014. A selección inclúe:

- La caída de Madrid [novela]
- Crematorio [novela]
- Crematorio [serie de tv]
- En la orilla [novela]
- La larga marcha [novela]
- Mediterráneos [literatura de viaxes]
- Mimoun [novela]
- El viajero sedentario [literatura de viaxes]

Comproba a dispoñibilidade dos títulos pulsando nas ligazóns.