8/9/23

Recomendacións en Radioleiros: 8 setembro 2023

- Infantil e Xuvenil:

Irene, a porteira, de Xulia Pisón e Óscar Losada
Universidade da Coruña

A vida de Irene González Basanta (1909-1928) porteira de fútbol coruñesa levada á banda deseñada. Pioneira que abriu camiño no mundo do deporte chegando a ter un equipo que levaba o seu nome. Falecida moi nova pola tuberculose.

- Mocidade e persoas adultas:

Una salida honrosa, de Éric Vuillard
Tusquets

A guerra de Indochina que involucrou a franceses e norteamericanos foi un dos conflitos máis longos do século XX. Vuillard relata o acontecido desde varios puntos de vista amosando unha paisaxe chea de matices.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.