
Carlos Callón (Ribeira,1978) é presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural galega, desde o ano 2002. Preside tamén a Fundación Vía Galego e o Comité de Estado da Axencia Europea das linguas minoritarias. Participou no impulso da plataforma unitaria Queremos Galego. É profesor de lingua e literatura galegas en secundaria, autor de diversos traballos sobre sociolingüística e activo conferenciante.
No libro "En castellano no hay problema" xunta diversos textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, as reivindicacións sobre o mesmo, as posíbeis alternativas e convida ao protagonismo individual para transformar a sociedade. “En castellano no hay problema" é un libro moi útil no debate no que se atopa o galego.