9/11/24

Hora do conto e Ler conta moito: 11 a 15 de novembro 2024

Hora do conto e Ler conta moito: 11 a 15 de novembro 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Luns 11 de novembro, ás 18:30 
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Contos que dan medo”
CONTACONTOS: Pavís Pavós

Martes 12 de novembro, ás 18:30 
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Contos de cores”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Mércores 13 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “O reloxo da risa”
CONTACONTOS: Charo Pita

Xoves 14 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “A festa de Leo”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Venres 15 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “PequeNiños”
CONTACONTOS: Chus Álvarez

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 8 novembro 2024

"Analfabeta" de Érica Esmorís. Ilustrado por Dani Padrón- Infantil:Recomendacións en Radioleiros: 8 novembro 2024
"Analfabeta" de Érica Esmorís. Ilustrado por Dani Padrón. En Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe
Analfabeta-o é o peor insulto do mundo para a nena protagonista deste álbum ilustrado. Mais a súa opinión vai ir cambiando cando a avoa lle conte a historia da súa vida. Porque cada persoa ten o seu ritmo e as súas circunstancias.
"A boca da sombra" de Emma Pedreira
- Mocidade e persoas adultas:
"A boca da sombra" de Emma Pedreira. Editado por Aira.
Alguén está a matar as prostitutas de Putown e o medo esténdese polas rúas porque na cidade son elas as que gobernan.
100 páxinas, intensas e desacougantes, nas que diferentes personaxes nos desvelan as súas inquedanzas e van mostrando o que acontece.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/11/24

Ler para saber A CIENCIA: 8 de novembro 2024

Ler para saber A CIENCIA: 8 de novembro 2024
Ana González Tizón, Profesora da Universidade da Coruña no Departamento de Bioloxía
Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.

Día: Venres, 8 de novembro
Hora: 18:30 h.

Isabel Zendal e a expedición Balmis
Ana González Tizón. Profesora da Universidade da Coruña no Departamento de Bioloxía

Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

5/11/24

Parabéns, Manuel Rivas!!!

Manuel Rivas foi galardonado co Premio Nacional de las Letras Españolas 2024 “pola súa extraordinaria calidade narrativa que xunta forza emocional e beleza formal e a solidez dunha traxectoria versátil e coherente construída coa sensibilidade e a defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega. Poucos autores do panorama literario español, partindo dun compromiso firme coa súa lingua, acadaron tal recoñecemento a nivel mundial”. A súa obra “acompaña o seu activismo, cunha pluma que, sen adoutrinamento, axita conciencias, induce á reflexión e estimula o pensamento cara a defensa da pluralidade lingüística e cultural e a igualdade de xénero. Manuel Rivas, cunha voz poderosa e singular, crea literatura e, con ela, volve a situar a escrita galega no olimpo das Letras Nacionais”. Lévate en préstamo os libros de Rivas que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 
Parabéns, Manuel Rivas!!!

3/11/24