
"Pioneiras" de Anair Rodríguez; ilustracións Nuria Díaz. Editado por Xerais.
Unha escolma de doce sinxelas biografías de mulleres galegas que abriron camiño, rompendo as barreiras que lles viñan impostas polo seu xénero: a primeira escritora, a primeira almiranta ou a primeira voda entre mulleres son algunhas delas. Un xeito de visibilizalas entre o público infantil e xuvenil, que demostra que os estereotipos de xénero non poden limitar as expectativas das nenas cara ao futuro.
- Mozas-os e adultas-os:
"Apegos feroces" de Vivian Gornick. En Sexto piso.
A narración máis honesta, humana e sen filtros dunha relación nai-filla, a da autora coa súa nai

O que fai diferente esta novela é a forma de expresar a forza desa relación, tan brutal que é imposible non sentirse nomeada.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.