22/11/24

Recomendacións en Radioleiros: 22 novembro 2024

"El gran Calvin y Hobbes ilustrado" de Bill Watterson
Recomendacións en Radioleiros: 22 novembro 2024- Infantil:
"El gran Calvin y Hobbes ilustrado" de Bill Watterson. En Astiberri.
Calvin e Hobbes é todo un clásico da novena arte. Unha obra creada por Bill Watterson, repleta de humor, crítica social e aprendizaxes. A historieta preséntanos a Calvin, un neno inquedo e cunha imaxinación desbordante, e a Hobbes, o seu tigre de peluche que cobra vida a través dos seus ollos e acompáñao nas súas aloucadas aventuras. Unha obra que ensina a mirar ao noso ao redor con inocencia e curiosidade.

"Mi familia y otros animales" de Gerald Durrell- Mocidade e persoas adultas:
"Mi familia y otros animales" de Gerald Durrell. Editado por Alianza.
Dispoñible en eBiblio
Gerald Durrell, escritor, naturalista e fervente amante dos animais, conta nesta historia a súa infancia na illa grega de Corfú, á que se trasladou coa súa familia desde Inglaterra. Aquela contorna de fantasía, tan diferente do que coñecera no seu país de orixe, incentivou o seu amor pola fauna e os animais, e impulsouno a explorar os bosques, os tobos e as beiras do mar. Unha novela que fala do amor pola natureza.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/11/24

Parabéns, Álvaro Pombo!!!

Parabéns, Álvaro Pombo!!!
O galardón máis importante das letras en español, o Premio de Literatura en lingua castelá "Miguel de Cervantes", que concede o Ministerio de Cultura y Deporte, recaeu en 2024 na persoa de Álvaro Pombo. O xurado outorgoulle o premio ao autor cántabro "pola súa extraordinaria personalidade creadora, a súa lírica singular e a súa orixinal narración. Ao seu notabilísimo nivel como poeta e ensaísta, únese ser un dos grandes novelistas da nosa lingua que afonda na condición humana desde as perspectivas afectivas duns sentimentos profundos e contraditorios”. O xurado significou que nas súas creacións, “amosa o mundo a través da construción dunha linguaxe na que as deformacións da realidade aparecen reflectidas baixo a máscara da ironía e do humor. Na súa prosa, a oralidade reflíctese na vontade dun estilo que aspira ao "escribo como falo" valdesián. Álvaro Pombo creou aquilo que define aos grandes escritores, un mundo literario propio inmorredoiro e imprescindible que estremece e compadece”. Álvaro Pombo naceu en Santander en 1939. É membro da Real Academia Española de la Lengua desde 2004.
Lévate en préstamo os libros de Álvaro Pombo que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 
Libros de Álvaro Pombo en Bibloleiros // Libros de Álvaro Pombo en eBiblio
Parabéns, Álvaro Pombo!!!

18/11/24

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (18 a 21 novembro 2024)


 Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)

- Luns 18 de novembro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "Xente ao lonxe" de Eduardo Blanco Amor.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El extranjero" de Albert Camus.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 19 de novembro. 11 a 12:30 h.
Comentario de "A esmorga" de Eduardo Blanco Amor.
Modera: Pepe Taboada.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 19 de novembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz.
Modera: Pepe Taboada.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La nieta del señor Linh" de Philippe Claudel.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 20 de novembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La isla de las mujeres del mar" de Lisa See.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "As alumnas" de Paula Carballeira.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 21 de novembro. 11 a 12:30 h.
Comentario de "Os seres queridos" de Berta Dávila.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remata de sesión entregaráse a seguinte lectura: "Canción dulce" de Leila Slimani.