20/3/20

Recomendacións en Radioleiros: 20 marzo 2020 #euquedonacasa

https://youtu.be/-nMoK6ZIkKEhttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1499631&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (de 8 a 10 anos):

Quokka Moka, de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas

Unha aventura na que a Quokka Moka, un marsupial australiano, provoca a case extinción da súa especie. Axudada pola súa avóa e o sapo Roco, fará esforzos para recuperala.

Dispoñible en GaliciaLe #euquedonacasa

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1487726&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLEEl río de la conciencia, de Oliver Sacks
Anagrama

Ensaio publicado pouco despois da morte deste médico e neurólogo no que nun feixe de textos vemos o seu interese desde neno pola ciencia. Darwin, a migraña, Freud, a memoria e outros pasan por aquí para ser tratados dun xeito sumamente atractivo.

Dispoñible en GaliciaLe #euquedonacasa

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.



Sabes que hoxe é... o Día Mundial da Narración Oral? #euquedonacasa

https://narracionoral.es/index.php/es/albumes/videos-y-audios/1657-aeda-en-el-20m-de-2020
Hoxe, 20 de marzo, é o Día Mundial da Narración Oral e pertencemos a unha terra de narradoras e narradores natas-os: as nosas avoas e avós, que temos que coidar estes días de forma especial. Seguiremos a iniciativa de Aeda (Asociación de Profesionales de la Narración Oral en España) e chamaremos a esas persoas tan queridas (a videochamada está en auxe!) para que nos conten historias, sucedidos, anécdotas, contos ou o que elas queran para ter e espallar tan marabillosos tesouros.

A que esperas? Chama a avoa e o avó!

Grazas a Aeda por proporcionarnos estes recursos tan lindos!

Se o teu é o cine, non te perdas A esmorga! #euquedonacasa

http://editorialgalaxia.gal/pelicula-esmorga-de-balde-para-pasar-mellor-corentena
Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia, produtoras de A esmorga, ofrecen o filme dous días de balde para contribuír a pasar da mellor maneira esta fin de semana. Aproveitade aquelas-es que non tivestes a oportunidade de vela para gozar da adaptación cinematográfica da novela de Eduardo Blanco Amor.

A ligazón para o seu visionado estará dispoñible neste enlace desde o venres 20, ás 20:00 ata o luns 23 ás 06:00.

A novela e a película son accesibles (consulta dispoñibilidade) a través de GaliciaLe, a plataforma de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, que poden utilizar gratuitamente as persoas socias das Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Para quen o estrañe na fin de semana... abrimos a fiestra do fútbol! #euquedonacasa

https://issuu.com/cidadedacultura/docs/valor_e_mestr_a
Sabías que foi en Galicia onde se xogou por vez primeira ao fútbol?
Isto é o que defenden certos investigadores, que sitúan en Vigo —e en 1876— os primeros partidos deste deporte, ao que denominaban «xogos de pelota» e que ocupaban a vida social dos traballadores da Eastern Telegraph Company. Procedentes de Porthcurno (Cornualles).
Estes enxeñeiros crearon na cidade olívica o equipo Exiles, que é o punto de partida do relato expositivo de Valor e mestría, a mostra máis ambiciosa sobre a historia do fútbol galego, que fai un percorrido polos 143 anos de historia deste deporte en Galicia. 
Con motivo desta expo, que tivo lugar no Gaiás Cidade da Cultura en 2019, editouse un interesante catálogo que podes ver de balde nesta ligazón. Que comece o xogo!!!

18/3/20

Hoxe abrímoslle a fiestra a... Atenea García!!! #euquedonacasa

https://youtu.be/Mczeqbh64dQOla, podes asomarte! Atenea García entra pola nosa fiestra con Pelostortos.  

Pandemia de contos é a preciosa iniciativa do Colectivo NOGA (Narración Oral Galega) para levar mellor o #euquedonacasa. 

Con todas-os vós, Pelostortos, con Atenea García.

Hoxe abrimos a fiestra da... BDH #euquedonacasa

http://www.bne.es/gl/Catalogos/BibliotecaDigitalHispanica/Inicio/index.html
Hoxe abrimos a fiestra da BDH

A Biblioteca Digital Hispánica (BDH) é un recurso en liña da Biblioteca Nacional de España (BNE). Proporciónanos acceso libre e de balde a milleiros de documentos dixitalizados pola Biblioteca. Permite a consulta, lectura e descarga de libros impresos entre os séculos XV e XIX, manuscritos, debuxos, gravados, carteis, fotos, mapas, atlas, prensa, e gravacións sonoras. Este portal recolle documentación moi interesante que recomendamos visitar.

Imos dar un paseo pola súa web!

17/3/20

Hoxe abrímoslle a fiestra a... Avelino González!!! #euquedonacasa

https://www.youtube.com/channel/UCrVQ7rVWB600JE7zXelPhhA
Pasaremos uns días sen vernos. Agardamos que poucos. Durante ese tempo daremos a coñecer libros, músicas, películas e recursos chulos accesibles a través de Internet, abriremos portas e fiestras virtuais á imaxinación e deixaremos que se coe nas nosas casas a beleza da creación literaria, artística, etc. Coidémonos e vémonos axiña!!!

https://youtu.be/PFt7WnF87TsAbrimos unha primeira ventá á Pandemia de contos. Preciosa iniciativa do Colectivo NOGA (Narración Oral Galega) para levar mellor o #euquedonacasa. Aí vai, Sabes contar ata cero? de Avelino González.