5/4/24

Hora do conto: 8 a 12 de abril de 2024

Hora do conto: 8 a 12 de abril de 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Luns 8 de abril, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “U-la Lúa?”
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín

Martes 9 de abril, ás 17:30
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
ACTIVIDADE: “Obradoiro científico”

Mércores 10 de abril, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Maxia e ciencia”
MONITORADO: Ciencia Kids

Xoves 11 de abril, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Os libros da titiriteira”
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín

Xoves 11 de abril, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “O traxe novo do rei”
CONTACONTOS: Tarabelos Teatro

Venres 12 de abril, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Con ou sen consentimento”
CONTACONTOS: Fran Amil

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 5 abril 2024


- Infantil (a partir de 5 anos):

La orquesta de la esperanza
, de Carmen Oliver con ilustracións de Luisa Uribe.
Juventud.

Baseado nunha historia real. Conta a historia de como Favio Chávez ensinou ás nenas e aos nenos de Cateura, un pobo construído sobre o vertedoiro máis grande de Asunción (Paraguay), a crear música reciclando lixo.
“O mundo envíanos lixo. Nós devolvémoslle música”


- Mocidade e persoas adultas:


El cuerpo de Cristo, de Bea Lema.

Astiberri.

Primeira novela gráfica de Bea Lema na que se aborda a enfermidade mental dende a perspectiva dunha nena. A historia está contada por Vera, unha nena que pronto comprenderá que algo lle ocorre á súa nai e que non lle tocou vivir unha infancia normal.
Unha emotiva e reivindicativa historia de amor e de coidados entre unha filla e súa nai marabillosamente ilustrada con debuxos e incribles bordados feitos a man pola autora.


Previamente a esta edición en castelán galardoada internacionalmente (Festival de Angoulême, Festival de Pèrigord), Bea Lema editou unha primeira e diferente versión en galego co título O Corpo de Cristo (XII Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña en 2017)

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 8 a 12 de abril 2024

Actividades de promoción da lectura: 8 a 12 de abril 2024
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 8 a 12 de abril:

Luns 8 de abril:
- 10:15 alumnado de 5º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo) e 11:50 alumnado de 6º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Avó" con Ramiro Neira.
Martes 9 de abril:
- 10:30 e 11:30 alumnado de 2º de ESO do IES Xosé Neira Vilas (Perillo).
"As Metamorfoses de Ovidio" con Charo Pita.
Xoves 11 de abril:
- 10:20 alumnado de 5º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.

Martes 9 de abril:
- 10:15 alumnado de 1º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"A gran aventura dos animais" con Trémola Teatro.
Xoves 11 de abril:
- 10:30 alumnado de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
"Poéticas galegas" con Chus Álvarez e Ángeles Dorrio.
Venres 12 de abril:
- 10:15 alumnado de 5º de EP do CEIP Parga Pondal (Oleiros).
"Contos no ar" con Ramiro Neira.

Martes 9 de abril:
- 10:15 alumnado de 4º de EI do CEIP Rabadeira e 11:30 alumnado de 6º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Riciños de ouro" con Trinketrinke Teatro.
Mércores 10 de abril:
- 10:15 alumnado de 5º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Familias diversas" con Trinketrinke Teatro.

3/4/24

Programación tertulias 3ª trimestre (abril - xuño 2024)

  

Biblioteca Central Rialeda.

Grupo A:
Materia, de Yolanda Castaño (3 a 17 de abril)
De bestias y aves, de Pilar Adón (17 de abril a 15 de maio)
El adversario, de Emmanuel Carrère (15 a 29 de maio)
Los caballos de Dios, de Mahi Binebine (29 de maio a 12 de xuño)

Grupo B:
Árbol del olvido, de Nancy Huston (10 a 24 de abril)
Materia, de Yolanda Castaño (24 de abril a 8 de maio)
Los caballos de Dios, de Mahi Binebine (8 a 22 de maio)
De bestias y aves, de Pilar Adón (22 de maio a 5 de xuño)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.

Grupo A:
Los reyes de la casa, de Delphine de Vigan (9 a 23 de abril)
Llévame a casa, de Jesús Carrasco (23 de abril a 7 de maio)
Mulleres e poetas galegas (7 a 21 de maio)
Sobre los huesos de los muertos, de Olga Tokarczuk (21 de maio a 4 de xuño)

Grupo B:
Sobre los huesos de los muertos, de Olga Tokarczuk (16 a 30 de abril)
Mulleres e poetas galegas (30 de abril a 14 de maio)
Leña menuda, de Marta Barrio (14 a 28 de maio)
Otra vida por vivir, de Theodor Kallifatides (28 de maio a 11 de xuño)

Grupo C:
Mulleres e poetas galegas (16 de abril a 14 de maio)
La uruguaya, de Pedro Mairal (14 de maio a 11 de xuño)

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera.

Grupo A:
A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. Docampo (8 de abril a 6 de maio)
República luminosa, de Andrés Barba (6 de maio a 3 de xuño)
        
        Grupo B       
El día antes de la felicidad, de Erri de Luca (22 de abril a 20 de maio)
Lejos, de Rosa Ribas (20 de maio a 10 de xuño)

2/4/24

O libro "Rialeda, poesía da natureza" divúlgase entre o alumnado de 6º de Ensinanza Primaria.

Co obxectivo de conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, as Bibliotecas Municipais de Oleiros distribuirán entre o alumnado de 6ª curso de primaria dos colexios públicos deste municipio a publicación "Rialeda, poesía da natureza", na que se amosan e dan coñecer as árbores e arbustos do xardín da Biblioteca Central Rialeda, ademais de explicar algunhas das principais características arquitectónicas do edificio no que está situada.

De cada especie vexetal preséntase unha fotografía, a descrición da planta e acompáñase duns versos da obra de diversos escritores e escritoras.

Os textos foron realizados por Fina Mosquera Roel, profesora de ensinanza primaria no colexio Valle Inclán de Perillo.
As fotografías e o deseño son de Miguel Sánchez Mosquera que estudia Bachelor of Arts de fotografía e vídeo en LABA Valencia School of Art Design & New Media.
A coordinación e a selección das poesías foi realizada polo persoal da Biblioteca Central Rialeda.

Abril, mes dos libros: Día do Libro Infantil e Xuvenil

O mes de abril é de celebración! O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e o 23 o Día Mundial do Libro. As Bibliotecas Municipais de Oleiros ofrecémosche actividades de promoción da lectura para festexar estas importantes datas.


Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

Hora do Conto:
- 4 de abril ás 18:30 h. Contacontos con Migallas Teatro: "Unha granxa chea de contos". Para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
- 11 de abril ás 18:30 h. Contacontos con Tarabelos: "O traxe novo do rei". Para nenas e nenos maiores de 5 anos.

Mostra bibliográfica: obras ilustradas por Elena Odriozola e Paloma Valdivia, nominadas ao Premio Andersen 2024.

Actividades dirixidas a alumnado dos Centros de Ensino:
- 2 de abril. A Xanela do Maxín: "Sorpresa". Para alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil do CEIP Valle Inclán de Perillo.
- 3 de abril. Pablo Díaz, músico e contador de contos: "Cantos contos canto". Para alumnado de 4º de primaria do CEIP Valle Inclán de Perillo.
- 4 de abril: Charo Pita, escritora e contadora de contos: "A noite das mudanzas". Para alumnado de 4º de E. Infantil do CEIP Valle Inclán de Perillo.
- 5 de abril: Compañía Trémola Teatro: "Anuncio por palabras" baseado na obra "Contos por palabras" de Agustín Fernández Paz. Para alumnado de 3º de Ensinanza Primaria do CEIP Valle Inclán de Perillo.
- 8 de abril: Ramiro Neira, actor e contador de contos: "Avó". Para alumnado de 5º e 6º de E. Primaria do CEIP Valle Inclán de Perillo.
- 9 de abril: Charo Pita, escritora e contadora de contos: "As metamorfoses de Ovidio", baseado na obra do poeta romano. Para alumnado de 2º da ESO do IES Neira Vilas de Perillo.
- 11 de abril: Óscar Villán, ilustrador: "Aproximación á ilustración". Charla para alumnado de 5º de Ensinanza Primaria do CEIP Juana de Vega de San Pedro de Nós.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" (Santa Cruz)

Hora do Conto:
- 3 de abril ás 18:30 h. Compañía Trémola Teatro: "Bos días, Leo". Para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
- 10 de abril ás 17:30 h. Ciencia Kids: "Maxia e ciencia". Para nenas e nenos maiores de 6 anos.

Actividades dirixidas a alumnado dos Centros de Ensino:
- 2 de abril. Galeatro: "Non teño medo!". Para alumnado de 1º de E. Primaria do CEIP Luis Seoane de Mera.
- 3 de abril. A Xanela do Maxín: "Sorpresa". Para alumnado de 4º e 6º de E. Infantil do CEIP Luis Seoane de Mera.
- 4 e 5 de abril. Ramiro Neira, actor e contador de contos: "Preparados, listos xa!: a volta ao mundo en menos dunha hora". Para alumnado de 2º, 3º e 4º de E. Primaria dos CEIP Luis Seoane de Mera e Isidro Parga Pondal de Sta. Cruz.
- 9 de abril. Compañía Trémola Teatro: "A gran aventura dos animais". Para alumnado de 1º de E. Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Sta. Cruz.

Mostra "Cómic. Unha viñeta para ti": selección de banda deseñada clásica ou contemporánea. Navega polas viñetas coas alas da imaxinación.

Actividade "Non molestar. Estamos lendo". Deseña o teu propio colgador para a porta da túa habitación.

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María" (Oleiros)

Hora do Conto:
- 2 de abril ás 18:30 h. Compañía Trémola Teatro: "Leo e os números". Para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
- 9 de abril ás 17:40 h. Heroes para a Ciencia: "Actividade científica". Para nenas e nenos maiores de 6 anos.

Actividades dirixidas a alumnado dos Centros de Ensino:
- 2, 3, 4 e 5 de abril. Chus Álvarez, actriz: "Voar sen medo", baseado na obra "Valados" de Agustín Fernández Paz. Para alumnado de 4º, 5º e 6º de Ensinanza Primaria do CEIP A Rabadeira de Oleiros.
- 9 de abril. Trinketrinke Teatro: "Riciños de ouro e os tres osos". Para alumnado de 4º e 6º de E. Infantil do CEIP A Rabadeira de Oleiros.
- 10 de abril. Trinketrinke Teatro: "Familias diversas". Para alumnado de 5º de E. Infantil do CEIP A Rabadeira de Oleiros. 

Mostra "Contos de Andersen". Selección dos contos máis famosos de Andersen como: O soldadiño de chumbo, O parruliño feo, O reiseñor, As mazás da prosperidade, etc.

Actividade “Teño moito conto”. Crea a túa propia historia nun pequeno libriño en branco.

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado" (Mera)

Hora do Conto:
- 5 de abril ás 17:00 h. Isabel Pintado: "AnimAlario". Para nenas e nenos maiores de 6 anos.

Mostra "O Grúfalo" adicada a Julia Donaldson, creadora deste clásico infantil no seu 25 aniversario.

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso" (Dorneda)

Hora do Conto:
- 8 de abril ás 18:30 h. A Xanela do Maxín: "U-la lúa?". Para nenas e nenos maiores de 5 anos.


Mostra bibliográfica de autoras e autores xaponeses de literatura xuvenil en homenaxe a Xapón, país patrocinador do Día Internacional do Libro Infantil neste ano 2024. A xente máis nova poderá colorear personaxes kawaii.

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole" (Nós)

Hora do Conto:
- 12 de abril. Fran Amil: "Con ou sen consentimento". Para nenos e nenas maiores de 5 anos.

Mostra bibliográfica de obras de ilustradoras e ilustradores gañadoras do Premio Andersen.

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé)

Hora do Conto:
- 11 de abril ás 18:30 h. A Xanela do Maxín: "Os libros da titiriteira". Para nenas e nenos maiores de 5 anos.

Mostra bibliográfica sobre as principais obras de H.C. Andersen, dirixida a nenos e nenas.

"Deseña unha portada". Fichas de portadas de libros baleiras co titulo do libro, onde as nenas e nenos poderán deseñar a súa propia portada.

Coa realización de todas estas actividades pretendemos promover a lectura e o fomento da utilización dos libros, dar a coñecer as bibliotecas municipais e potenciar a asistencia a elas  non só como lugares de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.




Presentación da obra "Verde en el tejado" de Silvia Salgado: 4 de abril

Teatro "As Torres" (Santa Cruz)
Xoves 4 de abril ás 19:00 h.

Intervirán:  a autora, Silvia Salgado; a editora e directora de Hércules de Edicións, Laura Rodríguez.

Verde en el Tejado é unha novela sobre a amizade, as emocións e a superación.
A través dunha relación especial da protagonista con Virginia (unha acuarelista que pinta flores e que reside en Verona) atopa a forza necesaria para afrontar o seu futuro e reconciliarse cun pasado familiar tumultuoso.
Un eloxio á vida e á beleza que se pode atopar en obxectos como as flores ou os libros.

Silvia Salgado é unha autora catalá que reside en Mera (Oleiros). Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona e cun posgrado en Xornalismo da Universidade Columbia de Nova York.
Algunhas das súas obras publicadas son: Mientras hilan las mariposas, La aldea, El intermedio que somos e Si te vuelves invierno.
Colabora como columnista en El Ideal Gallego e dirixe talleres de escritura creativa e clubs de lectura.
Compaxina o seu traballo coa súa paixón pola fotografía.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 3 abril 2024 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "El show de Gary" de Nell Leyshon.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Materia" de Yolanda Castaño.