Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros, durante os meses de setembro a decembro, levaranse a cabo 14 obradoiros creativos e sesións de divulgación científica con actividades prácticas e lúdicas, promovendo a ciencia creativa, realizando sinxelos e divertidos experimentos, ou construíndo pequenos obxectos con materiais de reciclaxe, para incentivar a creatividade e a curiosidade.
Están dirixidos a público infantil a partir de 6 anos.
A hora de realización en todos será ás 17:30 h.
Debido a que o aforo é limitado é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha dos obradoiros. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización de cada un deles.
Observar, pensar, experimentar e crear, son os principios en que se van basear.
O monitorado que os impartirá forman parte dos equipos de: Ciencia Divertida, A Nube de Artear, Pedras de Papel, Heroes para a Ciencia e Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais, ademais tamén se contará co Mago Albert.
Destes obradoiros, uns son totalmente municipais e outros forman parte do programa Ler conta moito promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros, para dinamizar a lectura nas bibliotecas públicas.
Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario