No
Teatro As Torres (Santa Cruz), o
xoves 2 de decembro, ás
20:00 horas, terá lugar a presentación do libro
“Si te vuelves invierno” de
Silvia Salgado.
A autora, Silvia Salgado estará acompañada polo escritor e profesor Francisco Javier Varela Vázquez.
Contarase coa interpretación musical do saxofonista Jaime Faraldo.
“Si te vuelves invierno” preséntanos a Gabi, unha adolescente que vive en Mera, á que lle gusta ler e que quere ser escritora, pero que se sente fóra de lugar.
O ano que todo o cambiou, a causa da pandemia que encerra a toda a poboación nas súas casas, pasaron moitas cousas, pero tamén abriu un espazo á superación, á esperanza, ao perdón e ao amor.
Estamos ante unha novela tenra, emotiva, chea de música, libros, cine e que ten como escenario principal a fermosa vila de Mera.
Silvia Salgado é veciña do municipio de Oleiros, licenciada en Ciencias políticas pola UAB. Ten un posgrado en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. Compaxinou o seu traballo en comunicación e recursos humanos coa súa paixón pola escritura. Esta é a súa cuarta novela, despois de “Mientras hilan las mariposas”, “La aldea” e “El intermedio que somos”.
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido para que gocen coa palabra e coa música.