Luns 13 de outubro ás 18:30 h.
Presentación da tempada 2024-2025.
Coa presenza de Silvia Salgado (moderadora), Mª Xosé Santos Zas (Concelleira de Cultura) e persoal bibliotecario.
Coa presenza de Silvia Salgado (moderadora), Mª Xosé Santos Zas (Concelleira de Cultura) e persoal bibliotecario.
Yolanda Castaño é poeta, filóloga e unha activa xestora cultural, coa súa propia residencia para escritores-as na Coruña. Premio Nacional de Poesía (2023) e Premio da Crítica en lingua galega (2022) polo seu libro Materia. Entre as súas obras podemos destacar: A falsa autónoma, Vivimos no ciclo das erofanías, O libro da egoísta, Profundidade de campo, A segunda lingua, Elevar as pálpebras ou Delicia. Ademais dos citados, ten no seu haber outros premios literarios, como por exemplo: Premio da Cultura de Galicia (2023), Premio Irmandade do Libro a autora do ano (2014), Premio Fundación Novacaixagalicia (2013), Premio Ojo Crítico (2009), Premio Espiral Maior (2007), Premio Nacional da Crítica (1999).Conmemoración do Día da Muller.
Recital poético "Con nome de muller" a cargo da actriz Chus Álvarez, acompañada ao piano por Ángeles Dorrio.
Unha homenaxe á poesía escrita por mulleres universais, en galego e castelán. Unha escolma de 36 poemas únicos, recitados con voz falada e cantada, e música en directo.
Selección poética, interpretación e dirección: Chus Álvarez. Piano e voz cantada: Ángeles Dorrio.
Poetas galegas:
Alba Cid
Ana Romaní
Emma Pedreira
Estíbaliz Espinosa
Lucía Aldao
Luisa Villalta
Lupe Gómez
Luz Fandiño
Luz Pozo Garza
María Lado
Olalla Cociña
Olga Novo
Pilar Pallarés
Pura Vázquez
Rosalía de Castro
Xela Arias
Xohana Torres
Yolanda Castaño
Poetas españolas e internacionales:
Alba Flores
Alejandra Pizarnik
Alfonsina Storni
Ana Luisa Amaral
Beatriz Osés
Concha Méndez
Emily Dickinson
Gata Cattana
Gioconda Belli
Gloria Fuertes
Mar Benegas
María Elena Higueruelo
María Elena Walsh
Maya Angelou
Patricia Benito
Sylvia Plath
Wislawa Szymborska
Xitlalitl Rodríguez
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.
Pepe Carballude é escritor, tradutor é licenciado en Filoloxía Clásica. Exerceu de profesor de latín no Instituto Neira Vilas. Aparte da súa traxectoria profesional na que destacan traducións de poetas latinos ou a obra A vida diaria dos romanos, ten un longo percorrido na literatura galega, con títulos como: O xílgaro pintor, Os gazafellos (Premio Barco de Vapor 1986), Mimos e máis mimos, Investigación 091, Andainas de Pedro Chosco, S.O.S, ¡Maldito DNI!, Paisaxe con fondo gris, Romaxe de desventuras, A fraga misteriosa, O deus desaparecido (Premio Barco de Vapor 1990), O talismán dos druídas, Miña avoa ten 13 anos, Xograres dun tempo novo, Andrea quere ser maior, De como o Santo dos Croques se fai peregrino (Premio Barco de Vapor 2002) e Marxinados, entre outros.
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.
Bileysi Reyes (San Pedro de Macorís, 1993). É unha autora natural da República Dominicana, licenciada en Letras pola Universidade Autónoma de Santo Domingo (UASD). Pertence ao Obradoiro Literario Narradores de Santo Domingo e ao Obradoiro Literario César Vallejo. Foi gañadora do accésit no concurso de contos Juan Bosch TLNSD, 2018 e 1º posto en Conto da Feira Rexional do Libro e a Cultura Monte Plata 2019. Publicou o poemario Selva de palabras cortadas (2023) e textos seus aparecen en revistas como Scriptura, Awttar, Letras Salvajes e as antoloxías ‘Voces do Leste’, ‘Elas narran’, ‘Quinta dose’, entre outras. En 2023 foi convidada ao Festival Soria Expoesía (España) e desempéñase como coordinadora do Festival Internacional Semana da Poesía de Santo Domingo. Traballou na Feira Internacional do Libro de Santo Domingo como editora do programa xeral e como subcoordinadora do Pavillón de Poesía da FIL2023. No ámbito da edición é correctora de textos e traballou con editoriais tanto dominicanas como estranxeiras.
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.