16/6/23

Recomendacións en Radioleiros: 16 xuño 2023

- Infantil e Xuvenil (a partir de 9 anos):

Las estrellas, de Jacques Goldstyn
Juventud

Un relato moi emotivo que nos conta como se consolida unha amizade infantil grazas a unha pasión compartida.

- Mocidade e persoas adultas:

El baile, de Irène Némirovsky
Salamandra

Versión dixital en eBiblio

Os Kampf son unha familia xudea de ascendencia alemá, que despois de enriquecerse nun golpe de sorte a través da bolsa onde traballa Alfred Kampf, pasan a vivir na mellor zona de París. Necesitan o recoñecemento da sociedade parisina, por iso convidan as mellores fortunas a un gran baile.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/6/23

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 13 xuño 2023 (Grupo B)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de
Castro". Santa Cruz

17:30 h a 19 h.

Comentario de "Las viudas de los jueves" de Claudia Piñeiro.
Documentación

Con esta sesión remata a tempada de tertulias literarias na Biblioteca de Santa Cruz. Agradecemos a todas e todos os participantes a súa fidelidade. Voltamos en outubro!