28/8/26

Hora do conto e Ler conta moito: 10 a 18 de setembro 2026

Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de: 
www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete

Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Todas as sesións terán lugar ás 17:30 h

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 10 de setembro  
Para crianzas a partir de 5 anos e público familiar
ESPECTÁCULO: Maxia divertida
ARTISTA: O mago Paco

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 17 de setembro  
Para crianzas de 2 a 4 anos
ESPECTÁCULO: Colorín, colorete
CONTACONTOS: Charo Pita

Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 18 de setembro  
Para crianzas a partir de 5 anos e público familiar
ESPECTÁCULO: Abracalibro
ARTISTA: O Mago Rafa

AVISO
A persoa adulta responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Aviso Horario Biblioteca de Santa Cruz

- Horario 28 e 31 de agosto:
8:30 a 14 h.

- Horario 1 a 4 de setembro:
8:30 a 15 h. 

Pregamos desculpen as molestias. 

Recomendacións en RadiOleiros: 28 agosto 2026

- Infantil (a partir de 6 anos):

Mariña e o balón
, de Pere Tobaruela con ilustracións de Pablo Rosendo.
Xerais.

Versión dixital en Galiciale.

Mariña, unha nena namorada da poesía comeza a xogar ao fútbol.

- Mocidade e público adulto:

Cartas de Maruja Mallo. Edición e introducción de Guillermo de Osma.
Renacimiento.

Epistolario dunha das pintoras máis importantes do século XX.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.