"Artur e Clementina" texto de Adela Turin e ilustracións de Nella Bosnia, editado por Kalandraka.
Narración escollida con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero: Tras a historia de dúas tartarugas, Artur e Clementina, que se namoran e se van vivir xuntos, está o proceso por parte de Artur de intentar anular a Clementina, con pequenos detalles que semella facer para que ela se sinta máis feliz. A súa lectura leva aos-ás lectores-as, sexan da idade que sexan, a pensar ata onde chega o namoramento ou o someterse ao namorado? Paga a pena vivir sometido cando a vida está chea de oportunidades, de praceres e sensacións? Clementina decide que non.
- Mozos-as e adultos-as:
"La grieta" de Doris Lessing, en Lumen.
Esta obra, unha das derradeiras da escritora recentemente falecida, está escrita como se dunha fábula para adultos-as se tratase, contada por un patricio romano que trata de explicar os inicios da vida na terra, nunha costa con rochas escarpadas onde viven femias capaces
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.