28/3/25

Recomendacións en Radioleiros: 28 marzo 2025

"Lightfall" de Tim Probert
Recomendacións en Radioleiros: 28 marzo 2025
- Infantil:
"Lightfall" de Tim Probert. Editado por HarperKids. 
Lightfall cóntanos a historia de Bea, unha moza tímida e ansiosa, criada polo seu avó, o Porco Meigo, un alquimista protector da sabedoría antiga.
Un día, o avó de Bea desaparece misteriosamente, e na súa procura, Bea coñece a Cad, membro dos Galdurianos, unha antiga raza de guerreiros, valentes e curiosos que se cría extinta.

- Mocidade e persoas adultas:
"Al sur de la frontera al oeste del sol" de Haruki Murakami. En Tusquets.
Versión dixital dispoñible en eBiblio
A novela conta a historia de Hajime, un home que durante a súa infancia desenvolve una profunda amizade con Shimamoto. Ambos comparten unha complicidade única: longas conversacións, tardes de música clásica e un mutuo entendemento que vai máis aló das palabras. Con todo, ao rematar a escola primaria, a vida sepáraos. Hajime crece sentindo un baleiro, marcado por esa ausencia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/3/25

Hora do conto e actividades infantís: 1 a 4 de abril 2025

Hora do conto e actividades infantís: 1 a 4 de abril 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de
www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Martes 1 de abril, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante
TÍTULO: "Contos de aventuras" Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Mércores 2 de abril, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos 
TÍTULO: "Contos con tradición" Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil
CONTACONTOS: Pablo Díaz


Xoves 3 de abril, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante
TÍTULO: "O traxe novo do rei" Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil
CONTACONTOS: Tarabelos Teatro

Venres 4 de abril, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante
TÍTULO: "Os libros da titiriteira" Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín

Venres 4 de abril, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: "Os ratiños da caixa" Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Actividades de promoción da lectura: 1 a 4 abril 2025

Actividades de promoción da lectura: 1 a 4 abril 2025
Programa de actividades educativas para o fomento da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, do 1 ao 4 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo):
Mércores 2 de abril:
- 10:00 e 11:15 h. Alumnado de 4º de EP do CEIP Valle Inclán (Perillo).
"Voar sen medo" con Chus Álvarez.
Venres 4 de abril:
- 9:20, 10:45 e 12:15 h. Alumnado de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
Obradoiro "O bo se breve" con Isabel Andrés.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz):
Martes 1 de abril:
- 10:30 h. Alumnado de 2º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Animaliños" con Ramiro Neira.
Mércores 2 de abril:
- 10:30 e 12:00 h. Alumnado de 2º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
Obradoiro "A poesía non morde" con Yolanda Castaño.
Xoves 3 de abril:
- 10:30 e 12:00 h. Alumnado de 4º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
Obradoiro "A metáfora visual" con Miguel Cuba.
Venres 4 de abril:
- 10:30 h. Alumnado de 1º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz) e 12:00 alumnado de 2º de Bacharelato do IES Neira Vilas (Perillo).
Espectáculo poético/recital multimedia con Yolanda Castaño.

25/3/25

Os máis prestados do 2024: libros infantís e xuvenís

Pulsa na imaxe e coñece os títulos favoritos en cada categoría.

Desde as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros agradecemos o teu agarimo e fidelidade.
Moitas grazas por crear comunidade lectora!

Martes 25 de marzo: Presentación da obra "Canto popular gallego" na edición comentada por Manuel Rico Verea

Teatro As Torres. Santa Cruz.
Martes 25 de marzo ás 19:30 h.

Intervirán: Manuel Rico Verea (autor da edición comentada), Rosa García Vilariño (profesora de Lingua e Literatura galegas)

O acto finalizará coa actuación das Pandeireteiras Seixebra, do Grupo de baile e gaitas Santaia.

Canto popular galego, de Luis María Fernández Espinosa é unha edición comentada que pretende rescatar a unha figura clave na historiografía dos cancioneiros galegos de tradición oral.

Manuel Rico Verea desempeñou a súa actividade docente en Madrid, no País Vasco e, a partir de 1978, en Galicia, onde se implica directamente no proceso de normalización da lingua galega. Este compromiso coa cultura propia lévao a desenvolver unha actividade de creación, investigación e publicación de obras sobre a lingua e a literatura galegas, así como sobre a música tradicional, atendendo á súa aplicación pedagóxica. É autor ou coautor de publicacións didácticas pioneiras como a Guía didáctica de preescolar Puff (1981), Cantares (1983) ou o nivel 4 de O noso galego, editado por Xerais. En formato libro, de contido musical, publica o Cancioneiro popular das terras do Tamarela, Imos canta-los nadais, Tantarantán, tarantán, tarantiña, Eu non canto por cantar, cancioneiro xeral, Heiche cantar un conto, cancioneiro infantil galego, Cantos de berce e Eu ben vin, virivín. Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar (Xerais, 2018). Así mesmo, é tradutor, coordinador de coleccións literarias e de suplementos culturais.

Formou parte do grupo musical A Quenlla e actualmente dirixe un taller experimental de música tradicional que publica varios documentos sonoros, entre os que destacan A pulguiña e o pulgón, Cantares, Arrolín, arrolán, Vente vindo, ven cantando e Cantos de berce tradicionais.

Pola súa actividade cultural na radio e na prensa, recibiu o Premio do Ministerio de Cultura ao mellor labor cultural continuado no ano 1985, o Premio do Ministerio de Cultura ao mellor programa radiofónico no ano 1987 e o Premio Xunta de Galicia de xornalismo polo mellor programa musical do ano 1989, que se emitiu en Radio Nacional de España en Galicia.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

23/3/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (25 e 26 marzo 2025)


Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 25 de marzo
. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "No te veré morir" de Antonio Muñoz Molina.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Azucre" de Bibiana Candía.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 26 de marzo.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Vi: una mujer minúscula" de Kim Thúy.