
"O homiño vestido de gris e outros contos" de Fernando Alonso. Ilustracións de Ulises Wensell. En Kalandraka.
Reedición desta obra clásica da literatura infantil. Editada por primeira vez no ano 1978, pero que conserva todo o seu encanto e vixencia.
Son oito relatos nos que os personaxes nos comunican as súas inquietudes e anhelos, que reflexionan sobre a utilidade e a beleza oculta de determinados obxectos, sobre a busca da felicidade e a súa conquista grazas ao esforzo colectivo e que desexan cambiar a realidade que os rodea para facer un mundo mellor.
Estes fermosos textos xunto coas sinxelas pero, ao mesmo tempo, excelentes ilustracións fan deste libro unha obra de gran calidade.
- Mozas-os e adultas-os:
"El informe de Brodeck" de Philippe Claudel. Editado por Salamandra.
"El informe de Brodeck" de Philippe Claudel. Editado por Salamandra.

Neste lugar cerrado entre montañas temos dous personaxes de fóra: un que é submiso e intenta adaptarse para non molestar e o outro que mostra a súa diferencia e a súa independencia e ao mesmo tempo (cos seus debuxos) como son os habitantes do pobo polo que acaban odiándoo.
Estamos ante unha novela inquietante, na que domina a imprecisión, que nos fala da desconfianza cara o diferente ou o que ven de fóra, tamén de vinganza e de silencios e ao mesmo tempo de perdón.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.